saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria que se celebrará ao remate da sesión orzamentaria do 16 de decembro de 2025

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 16 de decembro de 2025, ao remate da sesión plenaria convocada para as 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 10 de decembro de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Texto Lexislativo
  
1.1Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre o Proxecto de lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas (doc. núm. 33820, 12/PL-000008)
 

Publicación do informe de Ponencia, BOPG n.º 290f3, do 26.11.2025

Publicación do Ditame da comisión e mantemento de emendas, BOPG n.º 298, do 10.12.2025

  
Punto 2.Mocións
  
2.141108 (12/MOC-000095)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Insua Lema, Óscar
 Sobre os obxectivos do Goberno galego no que concirne á actualización da normativa en relación coa Administración local e co modelo de financiamento dos concellos (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 34268, publicada no BOPG núm. 260f2, do 25 de setembro de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 2 de decembro de 2025.)
  
2.241109 (12/MOC-000096)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre as valoracións e declaracións que está a facer o Goberno galego verbo das resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia relacionadas co sector eólico (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 38717, publicada no BOPG núm. 286f2, do 19 de novembro de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 2 de decembro de 2025.)
  
2.341112 (12/MOC-000097)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Iglesias Rey, Patricia
 Sobre o rigor da avaliación do impacto medioambiental e socioeconómico na tramitación dos plans industriais estratéxicos (PIE) promovidos polo Goberno galego (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 34662, publicada no BOPG núm. 263f2, do 1 de outubro de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 2 de decembro de 2025.)
  
Punto 3.Proposicións non de lei
  
3.12174 (12/PNP-000254)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Iglesias Rey, Patricia e 2 máis
 Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que inicie neste ano 2024 os trámites para adxudicar a construción do segundo tramo da autovía da Costa da Morte
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024
  
3.22920 (12/PNP-000328)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Méndez López, Lara e 2 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para darlle impulso ao Museo da Romanización de Galicia de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024
  
3.324107 (12/PNP-001908)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis
 Sobre as accións que o Goberno galego debe pór en marcha no que atinxe ao impulso da investigación e do aproveitamento dos recursos mineiros e das materias primas estratéxicas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 192f1, do 30.04.2025
  
3.424467 (12/PNP-001942)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa Olalla e Rodil Fernández, Olalla
 Sobre as accións que debe impulsar o Goberno galego en relación cos compromisos adquiridos polo presidente da Xunta de Galicia verbo dos centros móbiles de información á muller (CIM)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 193f1, do 02.05.2025
  
3.526550 (12/PNP-002134)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e Insua Lema, Óscar
 Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co fin de que remita no tempo e na forma que proceda a información e documentación que lle solicitan as deputadas e os deputados do Parlamento de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 208f1, do 11.06.2025
  
3.639165 (12/PNP-002898)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que garanta a continuidade do Programa de auxiliares de conversa sen prexuízo económico para as comunidades autónomas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 295f1, do 03.12.2025
  
Punto 4.Interpelacións
  
4.126536 (12/INT-001032)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 4 máis
 Sobre a política de externalización de servizos dentro da sanidade pública galega e as condicións do novo contrato asinado polo Sergas con Ribera-Povisa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 208f2, do 11.06.2025
  
4.234407 (12/INT-001248)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 4 máis
 Sobre o nivel de eficacia das medidas que se están a tomar contra o furtivismo e contra a entrada de produto foráneo no sector pesqueiro e marisqueiro galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f2, do 01.10.2025
  
4.339557 (12/INT-001452)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara
 Sobre o grao de adaptación da normativa autonómica en materia de prevención e extinción de incendios forestais ao marco legal estatal e o seu cumprimento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 295f2, do 03.12.2025
  
Punto 5.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
5.139912 (12/POPX-000065)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Ojea Bouzo, Armando
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da priorización dos seus investimentos extraordinarios, considerando a última vaga de incendios en Ourense e as súas perspectivas para a franxa costeira
  
5.241111 (12/POPX-000066)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre o peso que teñen os intereses privados das grandes empresas, por un lado, e o interese xeral de Galicia, por outro, na orientación das políticas do Goberno galego
  
Punto 6.

Preguntas ao Goberno

 

6.139606 (12/POP-005635)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 8 máis
 Sobre as negociacións da Xunta de Galicia co Goberno central respecto da dotación de efectivos da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 295f2, do 03.12.2025

 

6.241110 (12/PUP-000180)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
 Sobre o anuncio realizado polo Goberno galego respecto da posibilidade de que a Unidade da Policía Adscrita deixe de facer funcións de protección ás vítimas de violencia de xénero
  
6.329274 (12/POP-004363)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón Tomás e 2 máis
 Sobre as necesidades de reformas nas infraestruturas do IES Concepción Arenal, de Ferrol, e as previsións da Xunta de Galicia ao respecto
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 228, do 05.08.2025

 

6.433933 (12/POP-004888)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Insua Lema, Óscar e Fernández Davila, María Cristina
 Sobre as necesidades dos centros de ensino da Costa da Morte neste curso 2025-2026 canto a persoal docente e auxiliar para atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260f2, do 25.09.2025

 

6.535498 (12/POP-005143)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e Bouza Manso, Aitor
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia en relación coas necesidades dos centros da área metropolitana da Coruña en materia de educación inclusiva
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025
  
6.639095 (12/POP-005563)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Castro Rey, Paloma e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da eventual reposición da praza de Pedagoxía Terapéutica que ata este curso compartían o CEIP Avelino Cachafeiro, de Forcarei, e o CEIP de Cerdedo
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 290f1, do 26.11.2025

 

6.739164 (12/POP-005601)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
 Sobre as previsións relativas á posta en marcha do Centro de Protonterapia de Galicia
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 290f1, do 26.11.2025

 

6.840911 (12/PUP-000177)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre os mecanismos de control e avaliación que aplica actualmente o Sergas para garantir a calidade asistencial nos centros sanitarios privados que prestan servizos mediante concerto
  
6.933891 (12/POP-004878)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pérez López, Noelia e 8 máis
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia, á vista dos grandes retos do mercado laboral en Galicia, das medidas e decisións adoptadas polo Goberno de España nos últimos meses
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260f2, do 25.09.2025
  

 

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025

​ 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina