saltar ao contido

Constituída a Comisión Asesora do Padroado da Fundación de Galegos e Galegas Ilustres

Constituída a Comisión Asesora do Padroado da Fundación de Galegos e Galegas Ilustres

 

 

  • Integra a representantes das fundacións que honran a memoria dos persoeiros soterrados no Panteón

 

 

Santiago, 12 de decembro de 2025.- O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, presidíu hoxe a constitución da Comisión Asesora do Padroado da Fundación de Galegos e Galegas Ilustres, en cumprimento do previsto na Lei 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres.

 

Desta comisión formarán parte un representante da cada unha das seguintes institución: o Consello da Cultura Galega; a Real Academia Galega; a Real Academia Galega das Belas Artes; as tres universidades públicas de Galicia; as consellerías da Xunta que teñan atribuídas as funcións de cultura e patrimonio histórico e de facenda e orzamentos; o Concello de Santiago de Compostela; a Arquidiocese de Santiago de Compostela; o Museo do Pobo Galego; a Sociedade Económica de Amigos do País; a Confraría do Rosario e un representante de cada un dos padroados que honran a memoria das persoas soterradas no Panteón de Galegos Ilustres.

 

O padroado da Fundación de Galegas e Galegos Ilustres está presidido polo presidente do Parlamento de Galicia e conta con representantes da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago, da Arquidiocese de Santiago de Compostela e dos membros da Mesa do Parlamento

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina