saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 17 de decembro de 2025

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 17 de decembro de 2025

      

 

3.3 24107 (12/PNP-001908)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis

Sobre as accións que o Goberno galego debe pór en marcha no que atinxe ao impulso da investigación e do aproveitamento dos recursos mineiros e das materias primas estratéxicas

Publicación da iniciativa, 192f1, 30.04.2025

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1. Recoñecer a importancia das materias primas fundamentais e das materias primas estratéxicas para reforzar a autonomía estratéxica e reducir a dependencia do exterior.

 

2. Continuar coa axenda iniciada este 2025 e convocar novos concursos de dereitos mineiros caducados có obxectivo de impulsar a investigación de materiais minerais fundamentais para sectores estratéxicos da economía de cara ao seu futuro aproveitamento.

 

3. Dirixirse ao Goberno de España para que promova as iniciativas lexislativas necesarias para o establecer o recoñecemento explícito das materias primas minerais como recursos de primeira necesidade e carácter estratéxico dentro da Reserva Estratéxica baseada nas Capacidades Nacionais de Produción Industrial (RECAPI)".

​ 

 

3.6 39165 (12/PNP-002898)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao

Goberno central co obxecto de que garanta a continuidade do Programa de auxiliares de conversa sen prexuízo económico para as comunidades autónomas

Publicación da iniciativa, 295f1, 03.12.2025

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España a que tome con urxencia as medidas necesarias para garantir a continuidade do Programa de Auxiliares de Conversa, asegurando ao mesmo tempo que a súa aplicación non supoña un prexuízo económico para as comunidades autónomas."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina