saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 19 de decembro de 2025

​A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 19 de decembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 1676 (12/PNC-000198)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Golpe Acuña, José Manuel e 3 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego relativa ao impulso da construción do gasoduto Guitiriz-Zamora

BOPG n.º 16f2, do 24.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir demandando ao Goberno de España que defenda ante a Comisión Europea a inclusión do hidroxenoducto A Coruña-Zamora na lista de Proxectos de Interese Común. Así mesmo, o Parlamento insta a que, no caso de que finalmente non se abra ou se peche a vía para a súa incorporación a dita lista europea, a Xunta manteña o seu compromiso de defender este proxecto estratéxico dende Galicia por todas as vías dispoñibles"


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina