saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do 27 de xaneiro de 2026


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 27 de xaneiro de 2026, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 20 de xaneiro de 2026, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto preliminar. Prestación de promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada María Nazaret Cendán Gayoso

  
 Punto 1.Elección de Secretaria ou Secretario da Cámara
  
 Punto 2.Texto Lexislativo
  
 

Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre o Proxecto de lei do clima de Galicia (doc. núm. 33923, 12/PL-000009)

Publicación dictame da Comisión, BOPG n.º 301f1, do 15.12.2025

 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 301f1, do 15.12.2025
  
 Punto 3.Comparecencia
  
 46670 (12/CPP-000082)
 Do conselleiro de Facenda e Administración Pública, por petición propia, para dar conta do último Consello de Política Fiscal e Financeira, celebrado o pasado 14 de xaneiro de 2026
  
 Punto 4.Mocións
  
 4.142649 (12/MOC-000098)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana
 Sobre o nivel de eficacia das medidas que se están a tomar contra o furtivismo e contra a entrada de produto foráneo no sector pesqueiro e marisqueiro galego (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 34407, publicada no BOPG núm. 263f2, do 1 de outubro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 16 de decembro de 2025.)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 307f1, do 02.01.2026
  
 4.242651 (12/MOC-000099)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre a política de externalización de servizos dentro da sanidade pública galega e as condicións do novo contrato asinado polo Sergas con Ribera-Povisa (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 26536, publicada no BOPG núm. 208f2, do 11 de xuño de 2025, e debatida na sesión plenaria do 16 de decembro de 2025.)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 307f1, do 02.01.2026
  
 4.342652 (12/MOC-000100)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Sobre o grao de adaptación da normativa autonómica en materia de prevención e extinción de incendios forestais ao marco legal estatal e o seu cumprimento (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 39557, publicada no BOPG núm. 295f2, do 3 de decembro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 16 de decembro de 2025.)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 307f1, do 02.01.2026
  
Punto 5.Proposicións non de lei
  
5.12982 (12/PNP-000339)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Abalde Alonso, Julio Ernesto e 3 máis
 Sobre a demanda ao Goberno galego dun acordo coa Fegamp co fin de incrementar o financiamento local
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024
  
5.230444 (12/PNP-002341)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis
 Sobre a demanda que a Xunta debe dirixir ao Goberno central para que adopte as medidas necesarias para defender os intereses do sector agrogandeiro na negociación do novo marco financeiro europeo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 238f2, do 20.08.2025
  
5.335073 (12/PNP-002591)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Fernández, Secundino e 2 máis
 Sobre a proposta de resolución que se presenta co fin de rexeitar as palabras do ministro de Agricultura a prol da ratificación urxente do acordo de libre comercio UE-Mercosur e mais a demanda dirixida ao Goberno galego para que se opoña a este tratado
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f1, do 08.10.2025
  
5.436282 (12/PNP-002679)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno de España respecto da reforma do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268f1, do 15.10.2025
  
5.538174 (12/PNP-002801)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis
 Sobre as modificacións que debe impulsar a Xunta de Galicia nas características, mecanismos e procedementos do canon eólico co fin de mellorar o cumprimento dos seus obxectivos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 283f1, do 12.11.2025
  
5.643878 (12/PNP-003014)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Bouza Manso, Aitor e López Font, Carlos
 Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego para que cree, no primeiro semestre deste ano, un Banco Público de Alugueiro de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315f1, do 16.01.2026
  
Punto 6.Interpelacións
  
6.135295 (12/INT-001285)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Iglesias Rey, Patricia e Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre as características do modelo de financiamento autonómico que propón a Xunta de Galicia para a nosa comunidade logo dunha eventual aceptación da quitación de débeda pública que ofrece o Goberno central
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025
  
6.236818 (12/INT-001349)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e Fernández González, Ariadna
 Sobre os compromisos orzamentarios do Goberno galego co desenvolvemento do servizo de axuda no fogar (SAF) e coa implantación do novo protocolo de prevención da violencia nos domicilios onde se presta
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272f2, do 22.10.2025
  
6.343054 (12/INT-001485)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e Carreira Pazos, Iria
 Sobre as medidas postas en marcha polo Sergas no marco do Plan Galego de Saúde invernal 2025-2026
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 310f1, do 09.01.2026
  
Punto 7.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
7.146641 (12/POPX-000067)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre o nivel de eficacia da xestión que está a levar a cabo o Goberno galego dos servizos públicos de Galicia
  
7.246646 (12/POPX-000068)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para afrontar a situación que está a vivir a sanidade pública en Galicia
  
Punto 8.Preguntas ao Goberno
  
8.135531 (12/POP-005149)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Iglesias Rey, Patricia e López Font, Carlos
 Sobre as medidas que prevé tomar a Xunta de Galicia para garantir a suficiencia de prazas de autobús desde Carballo ata A Coruña
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025

 

8.245289 (12/POP-006402)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Pérez, Moisés e 10 máis
 

Sobre as condicións da vivenda pública que o Goberno central pon á disposición en Vigo a través da empresa Casa 47

 

8.343062 (12/POP-005724)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Méndez López, Lara e 2 máis
 Sobre a situación actual da cobertura médica no Centro de Saúde de Trabada
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 310f2, do 09.01.2026

 

8.443384 (12/POP-005882)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre o funcionamento do servizo de comidas do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 311f1, do 12.01.2026

 

8.546609 (12/PUP-000181)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Espinosa Mangana, María Elena
 

Sobre as previsións do Goberno galego ante os problemas de sobrecarga que se están a producir nos servizos de urxencias dos hospitais públicos de Galicia

 

8.644056 (12/POP-006082)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Davila, María Cristina e 2 máis
 Sobre a rectificación e posterior tramitación da solicitude para que Galicia forme parte, como membro asociado, da Unesco
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315f1, do 16.01.2026
  
8.744618 (12/POP-006280)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Ferro Iglesias, José Luis e 8 máis
 Sobre os traballos que se están a desenvolver para a renovación do Plan xeral de normalización da lingua galega
  
8.846634 (12/POP-006583)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 

Sobre o exercicio que está a facer a Xunta de Galicia da competencia exclusiva en materia de patrimonio

 

8.945300 (12/POP-006405)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis
 Sobre a defensa prevista pola Xunta de Galicia dos intereses do sector primario galego no novo escenario aberto polo acordo entre a UE e Mercosur
  
8.1046637 (12/PUP-000183)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para evitar consecuencias negativas sobre a frota artesanal galega derivadas do Regulamento europeo de control da pesca que entrou en vigor o 10 de  xaneiro

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina