A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 21 de xaneiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 44384 (12/PNC-003591)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre a defensa da política de cohesión e dos sectores estratéxicos de Galicia ante a proposta da Comisión Europea para o futuro Marco financeiro plurianual e a exixencia dunha posición clara e pública do Goberno de España
BOPG n.º 315f1, do 16.01.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Manifestar o seu rexeitamento frontal á proposta da Comisión Europea naqueles aspectos que supoña a dilución da política de cohesión, a centralización da xestión dos fondos europeos ou a perda de criterios obxectivos e transparentes de asignación territorial.
2. Defender con firmeza unha política de cohesión diferenciada, con orzamento propio e suficiente, baseada na gobernanza multinivel e na xestión compartida, garantindo a participación efectiva das comunidades autónomas en todas as fases do proceso.
3. Esixir o recoñecemento expreso das comunidades autónomas como autoridades de xestión dos fondos europeos no ámbito das súas competencias, de conformidade co principio de subsidiariedade co papel que viñeron desempeñando de maneira eficaz.
4. Defender de xeito prioritario os sectores estratéxicos para Galicia, reclamando:
a. Unha Política Agraria Común forte, estable e axeitadamente financiada, que garanta a viabilidade do sector agrario e o mantemento do medio rural.
b. Unha política pesqueira que respecte as especificidades das rexións costeiras, o peso socioeconómico do sector e a sostibilidade da actividade.
c. Instrumentos específicos e suficientes para o desenvolvemento rural, a política urbana integrada, a industria, a innovación, o transporte e a conectividade, e a loita contra el reto demográfico.
5. Instar ao Goberno de España a que, de maneira inmediata, defina e faga pública a súa posición oficial sobre a proposta da Comisión Europea relativa ao futuro Marco Financeiro Plurianual, trasladándoa ás comunidades autónomas e defendéndoa activamente ante as institucións europeas.
6. Esixir ao Goberno de España que incorpore de forma real e efectiva ás comunidades autónomas no proceso de negociación do futuro Marco Financeiro Plurianual, poñendo fin a calquera proposta unilateral e garantindo a transparencia e a lealdade institucional"
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 43866 (12/PNC-003581)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 7 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para que a xurisdición das seccións de violencia sobre a muller dos tribunais de instancia dos partidos xudiciais de Ourense e Santiago de Compostela se circunscriba aos respectivos partidos xudiciais
BOPG n.º 310f1, do 09.01.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a realizar as xestións necesarias para que, modificando o disposto no R.D. 422/2025, a xurisdición das Seccións de Violencia sobre a Muller dos Tribunais de Instancia de Ourense e Santiago de Compostela se circunscriban aos respectivos partidos xudiciais"