saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 28 de xaneiro de 2026

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 28 de xaneiro de 2026

      

 

4.1 42649(12/MOC-000098)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista

Galego Pérez Fernández, Rosana

Sobre o nivel de eficacia das medidas que se están a tomar contra o furtivismo e contra a entrada de produto foráneo no sector pesqueiro e marisqueiro galego

(Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 34407, publicada no BOPG núm. 263f2, do 1 de outubro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 16 de decembro de 2025.) Publicación da iniciativa, 307f1, 02.01.2026

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a:

 

1. Intensificar os controis sobre o furtivismo no sector pesqueiro e marisqueiro galego.

 

2. Destinar maiores medios, humanos e orzamentarios, á loita contra o furtivismo.

 

3. Instar ao Goberno do Estado a intensificar os controis e os medios para a loita contra a importación ilegal de produtos do mar.

 

4. Elaborar e levar a cabo campañas de concienciación cidadá para evitar que os consumidores e consumidoras adquiran produtos ilegais.

 

5. Intensificar os controis nas prazas de abastos, nos locais de depuración, nos de hostalaría ou en calquera outro que se considere, co fin de ir reducindo progresivamente a entrada, distribución e venda dos produtos do mar de procedencia ilegal.

 

6. Desenvolver todas as accións necesarias para amparar e protexer os produtos pesqueiros e marisqueiros galegos, identificándoos con claridade e promocionándoos prioritariamente sobre calquera outro de procedencia foránea."​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina