A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 30 de xaneiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 39600 (12/PNC-003481)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Carrera, María Felisa e 8 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que desenvolva iniciativas para o apoio e a posta en valor das prazas de abastos
BOPG n.º 295f1, do 03.12.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a levar a cabo iniciativas de apoio ás prazas de abastos poñendo en valor a calidade dos seus produtos e fomentar a súa certificación como Mercados Excelentes mediante a rehabilitación dos seus edificios ou a dinamización das súas instalacións.".
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 38801 (12/PNC-003397)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e Golpe Acuña, José Manuel
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ás empresas distribuidoras de electricidade para que cumpran os estándares de calidade da subministración eléctrica no concello de Mazaricos
BOPG n.º 290f1, do 26.11.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar das empresas distribuidoras de electricidade o cumprimento dos estándares de calidade eléctrica en toda a comunidade autónoma, nomeamento non concello de Mazaricos, así como a realizar un control exhaustivo da calidade da subministración de enerxía por parte das distribuidoras e a comprobar o cumprimento dos estándares. Do mesmo xeito, esixirá das distribuidoras acometer de xeito urxente os investimentos necesarios para o cumprimento dos parámetros de calidade, e a rápida e efectiva indemnización ás persoas e empresas afectadas."