Membros da Real Academia de Belas Artes comezan a difundir a Colección de Arte do Parlamento
Santiago, 5 de febreiro de 2026.- Membros da Real Academia Galega de Belas Artes inician a partir de maña, en colaboración co Parlamento galego, o ciclo de charlas divulgativas en centros universitarios e culturais sobre a colección de arte da cámara autonómica, segundo anunciou o presidente do Lexislativo, Miguel Ángel Santalices Vieira, no transcurso da inauguración da exposición A Coruña, Arte e Textura do pintor Raúl Velloso.
Esta nova colaboración entre o Parlamento e a Academia afianza o compromiso total e a sensibilidade do Lexislativo para contribúe á divulgación da creación artística en Galicia, tanto de artistas noveis coma consagrados, para achegalos aínda máis á cidadanía.
O presidente do Parlamento lembrou que a Cámara autonómica alberga unha das obras do artistas cangués, ao que definiu coma un observador único da paisaxe e arquitectura galegas que plasma nos seus lenzos cun estilo único que nunca pasa desapercibido.
Saúdos, Gabinete de Comunicación