saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 18 de febreiro de 2026

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 18 de febreiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación con modificacións

 

- 45018 (12/PNC-003627)

Grupo Parlamentario Socialista de Galicia

Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos

Sobre as accións que a Xunta de Galicia debe pór en marcha para garantir a igualdade nos órganos de goberno e nos procesos participativos das confrarías de pescadores

BOPG n.º 320f1, do 23.01.2026

 

Sométese a votación separada por puntos:

 

Puntos 6 e 7: resultan aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes

 

Puntos 1, 2, 3, 4, 5, 8, 9 e 10: resultan rexeitados por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

 

6. Implantar medidas que faciliten a corresponsabilidade e a conciliación, tendo en conta que historicamente o peso dos coidados e do traballo reprodutivo recaeu maioritariamente sobre as mulleres e que, no sector pesqueiro galego, esta situación se ve agravada por condicións laborais e sociais específicas.

 

7. Promover campañas públicas que visibilicen e recoñezan o valor económico, social e cultural do traballo desenvolvido polas mulleres do sector pesqueiro, contribuíndo á súa dignificación e recoñecemento social."

 

 

- 45637 (12/PNC-003655)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pérez Fernández, Rosana e 4 máis

Sobre as accións que debe pór en marcha a Xunta de Galicia ante a entrada en vigor do Regulamento de control da pesca da UE e a súa inadecuación ao contexto da frota artesanal galega

BOPG n.º 320f1, do 23.01.2026

 

Sométese a votación separada por puntos:

 

Puntos 1, 2 (2b, 2c, ), 3 e 4: resultan aprobados por 14 votos a favor, 0 en contra e 2 abstencións.

Punto: 2a: resulta rexeitado por 5 votos a favor, 9 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galiza insta o Goberno galego a:

 

1.         Exercer e defender as súas competencias exclusivas en augas interiores e as súas propias normas de control.

 

2.         Reclamar do Goberno do Estado que negocie coa Comisión Europea:

 

2b. A flexibilizar e adaptar as medidas do Regulamento que entraron en vigor o pasado 10 de xaneiro ás características da frota artesanal galega.

 

2c. A ditar de xeito inmediato unha moratoria na aplicación desas normas do Regulamento e acordar co sector a procura de solucións e medidas axustadas á actividade e á singularidade da frota artesanal, adoptando medidas realistas na liña de:

 

- Estudar a necesidade de establecer un sistema simplificado de pesadopara as capturas de pouco volume, recuperando o sistema ata o de agora vixente, para que se pesen só as capturas que superen os 50 quilos.

 

-Reducir   a   carga   burocrática   derivada   da   aplicación   do   diario electrónico, que obriga a facer varias comunicación por xornada, dificultando o normal desenvolvemento da actividade pesqueira.

 

- Buscar unha alternativa realista e conforme ao tipo de pesca pegado ácosta da frota artesanal, reducindo ou eliminando a obriga de ter que comunicar con dúas horas e media de antelación a chegada a porto.

 

3. A eliminación da retroactividade nas sancións, que impediría ter acceso ás axudas dos FEMPA.

 

4. A inclusión na vindeira revisión da Política Pesqueira Común da UE a diferenciación clara entre pesca artesanal e pesca industrial, atendendo non só aos metros de eslora dos buques, senón tamén a criterios como a distancia ao caladoiro, a duración máxima das mareas, a utilización de artes de pesca sostíbeis ou o número máximo de tripulantes a bordo.

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 45615 (12/PNC-003650)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

García González, Patricia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación coas condicións que este debe defender ante a Unión Europea relativas ás cotas pesqueiras para 2026

BOPG n.º 320f1, do 23.01.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:

 

1.- Esixir ante a Comisión Europea unha resposta firme fronte ás prácticas de sobreexplotación da cabala e da bacaladilla por parte de países terceiros, singularmente Noruega e as Illas Feroe.

 

2.- Reclamar que a Unión Europea active medidas comerciais disuasorias, incluídas restricións   ou   aranceis,   cando   países   terceiros   non   respecten   os   acordos internacionais de xestión pesqueira.

 

3.- Solicitar que as negociacións de TAC e cotas para o caladoiro Cantábrico-Noroeste   incorporen   de   maneira   efectiva   unha   avaliación   do   impacto socioeconómico, evitando que os recortes recaian de forma desproporcionada sobre as frotas comunitarias máis sostibles.

 

4.- Defender mecanismos de flexibilidade,  adaptación e compensación para a frota galega   afectada   polos   recortes   en   cabala   e   bacaladilla,   co   obxectivo   de preservar o emprego, a actividade económica costeira e a viabilidade das empresas.

 

5.- Dar traslado destes acordos ao Goberno de España, á Comisión Europea e ás organizacións representativas do sector pesqueiro galego.

 

6.- Instar ao Goberno de España e á Comisión Europea a que apliquen medidasdestinadas á conservación das poboacións de pesqueiras como a da cabala e a bacaladilla, en relación cos países que practican unha pesca non sostible e irresponsable. É dicir, aplicar “a falta de cooperación por impoñer medidas unilaterais, e pola celebración de acordos de reparto parcial con exclusión de determinados Estados e rexións costeiras, como é o caso de España e Galicia, en particular."

 

 

- 47759 (12/PNC-003736)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Taibo Corsanego, Iria e Pérez Fernández, Rosana

Sobre determinadas demandas dirixidas á Xunta de Galicia en relación coa posta en marcha de medidas para a mellora da produtividade marisqueira da ría do Burgo

BOPG n.º 328f3, do 05.02.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

 

1. Estudar a situación de produción de marisco na ría do Burgo.

 

2. Pór en marcha as medidas necesarias para mellorar a productividade do marisco nesta ría, co obxectivo de garantir a súa sostebilidade productiva e ambiental."

 

- 48328 (12/PNC-003763)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fidalgo Iglesias, Miguel e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que impulse unha revisión das cotas de pesca do abadexo nas zonas VIII e IX do Atlántico

BOPG n.º 328f3, do 05.02.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:

 

1.- Reforzar   de   maneira   inmediata   a   recompilación   e   calidade   dos   datos científicos ;cos relativos ao abadexo nas zonas VIII e IX do Atlántico, mediante campañas científicas,  específicas, mellora das mostraxes biolóxicas e unha maior integración da información procedente da frota pesqueira.

 

2.- Revisar os datos científicos, contemplando a proposta de modificación da categoría do informe ICES desta especie, pasando da categoría 3 á 4 e reforzando a subministración de datos a ICES desde a SGP e IEO para achegar aqueles provenientes das frotas españolas de artes fixas.

 

3.- Revisar   a   xestión   da   cota   atribuída   a   España,   xerando   unha   maioradecuación   entre   os   datos   históricos   e   o   impacto   social   xerado   polos desembarques desta especie no Caladoiro Cantábrico e Noroeste.

 

4.- Impulsar a participación activa do sector pesqueiro nos programas derecompilación de datos, fomentando sistemas de ciencia participativa que permitan incorporar o coñecemento empírico dos pescadores e mellorar a fiabilidade das avaliacións científicas.

 

5.- Utilizar os instrumentos financeiros dispoñibles, en particular os fondos do FEMPA, para apoiar o reforzo da investigación científica aplicada e dos sistemas de seguimento desta pesqueira.

 

6.- Solicitar á Comisión Europea e aos organismos científicos competentes a revisión da avaliación do stock de abadexo nas zonas VIII e IX, unha vez reforzada a base de datos, co fin de que as posibilidades de pesca #reflectir adecuadamente o estado real do recurso.

 

7.- Defender,   mentres   leva   a   cabo   dita   avaliación   científica   reforzada,   a adopción de medidas transitorias que permitan un incremento prudente e condicionado   das   posibilidades   de   captura   do   abadexo,   baseado   na información dispoñible, na observación do sector e no seguimento continuo do   recurso,   garantindo   en   todo   caso   o   respecto   aos   principios   de sustentabilidade da Política Pesqueira Común."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina