saltar ao contido

Santalices reivindica o compromiso institucional na defensa dos dereitos fundamentais dos galegos

Santalices reivindica o compromiso institucional na defensa dos dereitos fundamentais dos galegos

 

 

  • O Parlamento de Galicia acolleu hoxe a toma de posesión de María Dolores Fernández Galiño como valedora do pobo

 

 

Santiago, 19 de febreiro de 2026.- O presidente da Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices Vieira, celebrou hoxe a renovación de María Dolores Fernández Galiño como valedora do pobo na súa toma de posesión, un posto que ocupa dende o 2019, cunha «traxectoria avalada por moitos anos de servizo público na procura do ben común», dixo.

 

O xefe do Lexislativo galego reivindicou o papel das institucións democráticas e estatutarias na defensa dos dereitos fundamentais e das liberdades, «nun momento en que ―engadiu― a sociedade demanda institucións fortes e comprometidas.»

 

Na súa intervención, Santalices tamén quixo lembrar que o diálogo e o consenso son aspectos básicos para facer «boa política para todos os que a diario traballamos co obxectivo de mellorar a realidade dos cidadáns».  

 

Por outra banda, sinalou o papel «xa imprescindible» da institución do Valedor do Pobo, que no ano 2025 tratou máis de 5.500 asuntos, dos que máis do 80 por cento obtiveron unha resposta positiva.

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

 

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina