saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 20 de febreiro de 2026

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 20 de febreiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 39598 (12/PNC-003480)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Carrera, María Felisa e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego de plans formativos para o sector comercial con fin de impulsar a recuperación dos oficios tradicionais e potenciar a remuda xeracional no sector artesán

BOPG n.º 295f1, do 03.12.2025

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta o goberno galego ao desenvolvemento de plans formativos para o noso sector comercial coa finalidade de impulsar a recuperación de oficios tradicionais e potenciar a remuda xeracional no sector artesán."

 

Aprobación con modificacións

 

- 46098 (12/PNC-003675)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Carreira Pazos, Iria e 2 máis

Sobre as actuacións que debe desenvolver a Xunta de Galicia co obxecto de apoiar a viabilidade das fábricas do Grupo Losán en Vilasantar e Curtis

BOPG n.º 323f2, do 29.01.2026

Sométese a votación separada por puntos e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal:

Puntos 1 e 3: resultan aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas.

Punto 2: resulta rexeitado  por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

" O Parlamento de Galicia insta a Xunta a:

1. Reunirse cos comités de empresa das fábricas ASERPAL e LOSAN

2. Demandar ao Goberno do estado a súa participación no plan de viabilidade."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 45623 (12/PNC-003653)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co apoio ao ciclo xacobeo comprendido entre os anos santos de 2027 e 2032

BOPG n.º 320f1, do 23.01.2026​​

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España un firme apoio económico ante o próximo “lustro Xacobeo 27-32” co fin de ter unha maior presenza nacional e internacional que sirva como reforzo turístico da Marca España e Marca Galicia.

 

Do mesmo xeito, solicitar do Goberno central o impulso e axilización da constitución do órgano administrativo, xestor e certificador que, segundo a Lei 49/2002 debe estar operativo para certificar que os gastos e inversións das empresas se axusten aos obxectivos e plans dos programas.".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina