saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de febreiro de 2026

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 26 de febreiro de 2026

      

 

 

4.1 38343(12/PNP-002819)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Ferro Iglesias, José Luis e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que lle transfira a totalidade dos fondos solicitados no marco do PERTE Nova Economía da Lingua

Publicación da iniciativa, 283f1, 12.11.2025

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamar do Goberno central a transferencia da totalidade dos fondos solicitados no marco do PERTE Nova Economía da Lingua.

 

 

 

 

 

4.6 49710(12/PNP-003256)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis

Sobre as actuacións que debe pór en marcha a Xunta de Galicia ante a actitude do Goberno central coas políticas galegas en materia de dependencia e servizos sociais

Publicación da iniciativa, 332f1, 11.02.2026

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1. Denunciar a decisión do Goberno central que paraliza o Plan de Choque de Dependencia da Xunta, o que supón un ataque directo aos dereitos dos máis de 12.000 galegos que se benefician da axilización administrativa.

 

2. Interpoñer alegacións e recursos ante o Tribunal Constitucional para defender a constitucionalidade das súas competencias na xestión de servizos sociais e dependencia.

 

3. Esixir ao Goberno de España que cese no seu afán de bloquear as políticas sociais de Galicia, priorizando o benestar das persoas dependentes sobre as disputas competenciais.

 

4. Reclamar ao Goberno de España que cumpra as súas obrigas, abonando a débeda pendente cos galegos en materia de dependencia, e cofinanciando o 50% establecido na normativa."​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina