A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 26 de febreiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 47316 (12/PNC-003715)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 7 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que siga a desenvolver, consolidar e reforzar as políticas públicas de apoio ao colectivo de autónomos/as
BOPG n.º 323f2, do 29.01.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 8 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir desenvolvendo, consolidando e reforzando as políticas públicas de apoio ás persoas autónomas, garantindo a convocatoria das axudas dirixidas a favorecer a actividade e o inicio deste colectivo, así como a mellora da súa competitividade, adaptación e continuidade dos seus proxectos profesionais.".
- 49711 (12/PNC-003865)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre as actuacións que debe pór en marcha a Xunta de Galicia ante a actitude do Goberno central coas políticas galegas en materia de dependencia e servizos sociais
BOPG n.º 332f2, do 11.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 8 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Denunciar a decisión do Goberno central que paraliza o Plan de Choque de Dependencia da Xunta, o que supón un ataque directo aos dereitos dos máis de 12.000 galegos que se benefician da axilización administrativa.
2. Interpoñer alegacións e recursos ante o Tribunal Constitucional para defender a constitucionalidade das súas competencias na xestión de servizos sociais e dependencia.
3. Esixir ao Goberno de España que cese no seu afán de bloquear as políticas sociais de Galicia, priorizando o benestar das persoas dependentes sobre as disputas competenciais.
4. Reclamar ao Goberno de España que cumpra as súas obrigas, abonando a débeda pendente cos galegos en materia de dependencia, e cofinanciando o 50% establecido na normativa.".