saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 27 de febreiro de 2026

​​

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 27 de febreiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 48432 (12/PNC-003771)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego da elaboración e presentación dunha programación especial para divulgar e coñecer o legado de Otero Pedrayo neste ano da conmemoración do centenario do seu nacemento

BOPG n.º 328f3, do 05.02.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a elaborar e presentar unha programación especial que axude a divulgar e coñecer o legado de Otero Pedrayo, co gallo da conmemoración do Ano Oteriano 2026."

 

- 49391 (12/PNC-003833)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

García Comesaña, Julio e 8 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para impulsar e consolidar en Galicia o sector da biotecnoloxía

BOPG n.º 332f2, do 11.02.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Continuar e culminar o proceso de elaboración da Estratexia de Excelencia da Biotecnoloxía 2030, garantindo a súa aprobación dentro do calendario previsto e o seu aliñamento co Plan Galego de Investigación e Innovación 2025 2027.

2. Reforzar o carácter participativo da estratexia, favorecendo a implicación activa do conxunto do ecosistema biotecnolóxico galego, incluíndo empresas, centros de investigación,   universidades,   clústeres,   profesionais   do   sector   e   axentes nacionais e internacionais.

3. Impulsar   medidas   que   favorezan   o   desenvolvemento   dun   tecido   produtivo biotecnolóxico de alto valor engadido, capaz de xerar emprego cualificado, atraer e reter talento e incrementar o impacto do sector no produto interior bruto galego.

4. Promover   a   captación   de   investimento   público   e   privado,   así   como   de financiamento competitivo nacional e europeo, que permita consolidar Galicia como unha biorrexión de referencia a nivel internacional.

5. Establecer mecanismos de seguimento e avaliación periódica da Estratexia de Excelencia da Biotecnoloxía 2030, que permitan medir o grao de cumprimento dos obxectivos fixados e introducir melloras cando sexa necesario."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina