A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 10 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 3 de marzo 2026, a orde do día da sesión é a seguinte:
| Punto 1. | Solicitude de creación dunha comisión de investigación, por solicitude das vinte e cinco deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre as actuacións e decisións da Xunta de Galicia en relación co proxecto da macrocelulosa de Altri na Ulloa (52097, 12/SCI-000006) |
| Punto 2. | Comparecencia |
| 2.1 | 52181 (12/CPP-000090) |
| Da conselleira de Política Social e Igualdade, por petición propia, para informar sobre os avances en materia de igualdade en Galicia | |
| Punto 3. | Mocións |
| 3.1 | 51965 (12/MOC-000107) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pérez Fernández, Rosana | |
| Sobre a caída da produtividade marisqueira nas rías galegas, singularmente no que atinxe aos bivalvos na ría de Muros e Noia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 49524, publicada no BOPG núm. 332f1, do 11 de febreiro de 2026, e debatida na sesión plenaria do 24 de febreiro de 2026.) | |
| 3.2 | 51969 (12/MOC-000108) |
| Grupo Parlamentario Mixto | |
| Ojea Bouzo, Armando | |
| Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de prevención, xestión e recuperación forestal fronte aos incendios (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 34163, publicada no BOPG núm. 260f2, do 25 de setembro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 24 de febreiro de 2026.) | |
| 3.3 | 52035 (12/MOC-000109) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Presas Bergantiños, Noa Olalla | |
| Sobre o grao de eficacia das políticas do Goberno galego dirixidas a corrixir a desigualdade socioeconómica das mulleres en Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 48321, publicada no BOPG núm. 328f1, do 5 de febreiro de 2026, e debatida na sesión plenaria do 24 de febreiro de 2026.) | |
| Punto 4. | Proposicións non de lei |
| 4.1 | 12382 (12/PNP-001020) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Prado Cores, María Montserrat e 2 máis | |
| Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que desenvolva unha estratexia integral para a atención á saúde das mulleres | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 97f1, do 09.10.2024 | |
| 4.2 | 33764 (12/PNP-003218) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación co sistema de actualización salarial do persoal empregado público | |
| Publicación da iniciativa, BOPG núms. 324f1, do 30.01.2026, e 327f2, do 04.02.2026 | |
| 4.3 | 39141 (12/PNP-002895) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Rodríguez Martínez, Roberto e 9 máis | |
| Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación co proxecto "Variante oeste de Caldas de Reis e acceso do porto de Vilagarcía á AP-9" | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 295f1, do 03.12.2025 | |
| 4.4 | 45847 (12/PNP-003082) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Méndez López, Lara e Rodríguez Dacosta, María del Carmen | |
| Sobre as medidas que debe pór en marcha a Xunta de Galicia para a defensa do sector primario galego afectado polo acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f1, do 22.01.2026 | |
| 4.5 | 48724 (12/PNP-003187) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis | |
| Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que teña en conta as reclamacións de Galicia para as seguintes fases de elaboración da planificación ata 2030 da rede de transporte de enerxía eléctrica | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026 | |
| 4.6 | 49257 (12/PNP-003217) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Castro Rey, Paloma e 2 máis | |
| Sobre as accións que debe impulsar a Xunta de Galicia ante o crecemento da desinformación sobre as mulleres e dos discursos de odio por razón de xénero | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026 | |
| Punto 5. | Interpelacións |
| 5.1 | 20348 (12/INT-000821) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Bará Torres, Xosé Luís e 4 máis | |
| Sobre a planificación da Estratexia galega de infraestrutura verde e as razóns que xustifican que se exclúa da devandita estratexia a zona de amortecemento situada ao suroeste da serra do Careón | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162f1, do 26.02.2025 | |
| 5.2 | 44628 (12/INT-001509) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia | |
| Sobre a capacidade asistencial dos servizos de urxencias hospitalarios de Galicia | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f2, do 22.01.2026 | |
| 5.3 | 51159 (12/INT-001750) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Fernández Fernández, Secundino e 2 máis | |
| Sobre as políticas do Goberno galego relativas á promoción da incorporación da mocidade ao agro e a xestión das axudas convocadas con estes obxectivos | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 341f1, do 26.02.2026 | |
| Punto 6. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
| 6.1 | 52224 (12/POPX-000073) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Gómez Besteiro, José Ramón | |
| Sobre o grao de eficacia das políticas do Goberno galego en materia de acceso á vivenda | |
| 6.2 | 52226 (12/POPX-000074) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pontón Mondelo, Ana Belén | |
| Sobre o proxecto industrial que o Goberno galego ten para Galicia | |
| Punto 7. | Preguntas ao Goberno
|
| 7.1 | 52200 (12/PUP-000200) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Taibo Corsanego, Iria | |
Sobre a postura do Goberno galego en relación coa política do departamento responsable do corpo policial ICE en EE UU e coa posibilidade de que poida afectar a galegos ou galegas residentes nese país
| |
| 7.2 | 52133 (12/PUP-000199) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Iglesias Rey, Patricia e Méndez López, Lara | |
| Sobre as previsións do Goberno galego verbo da planificación para regular os procesos de repotenciación obrigatoria dos parques eólicos que recolle a Lei de medidas fiscais e administrativas de 2025 | |
| 7.3 | 45185 (12/POP-006354) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| García González, Patricia e 11 máis | |
| Sobre as actuacións que está a executar a Xunta de Galicia nas instalacións da antiga ETEA, en Vigo | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f3, do 22.01.2026 | |
| 7.4 | 42261 (12/POP-005660) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena | |
| Sobre as previsións da Xunta de Galicia no que atinxe á mellora das instalacións do Centro de Saúde de Carral | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 307f1, do 02.01.2026 | |
| 7.5 | 49961 (12/POP-006977) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Méndez López, Lara e 2 máis | |
| Sobre a postura da Xunta de Galicia ante as demandas do persoal non facultativo do Servizo de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti respecto da súa dotación de recursos humanos e materiais | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 336f2, do 19.02.2026
| |
| 7.6 | 49752 (12/POP-006964) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Suárez Fernández, Iago e 3 máis | |
| Sobre os traballos realizados pola Xunta de Galicia para a contención do monte e a restauración hidrolóxico-forestal nas zonas calcinadas do concello de Pantón | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 336f2, do 19.02.2026
| |
| 7.7 | 51273 (12/POP-007160) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis | |
| Sobre a declaración conxunta asinada coas organizacións Asaga e Unións Agrarias co obxecto de reforzar as garantías para o sector primario na aplicación do acordo UE-Mercosur | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 341f3, do 26.02.2026 | |
| 7.8 | 46931 (12/POP-006611) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Fidalgo Iglesias, Miguel e 8 máis | |
| Sobre o proxecto Partbiv, iniciativa para a participación da comunidade mariscadora nas operacións de reprodución e cría de moluscos bivalvos de interese comercial | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323f3, do 29.01.2026 | |
| 7.9 | 50483 (12/POP-007051) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| González Iglesias, Carmela e 2 máis | |
| Sobre o proxecto do decreto que regula o Estatuto das mulleres do sector marítimo-pesqueiro de Galicia | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 336f2, do 19.02.2026 | |
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2026
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente