A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 12 de marzo de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 42463 (12/PNC-003544)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central respecto da elaboración dunha nova proposta de renovación do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde
BOPG n.º 307f1, do 02.01.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 7 votos en contra e 1 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que convoque a todos os axentes implicados co obxectivo de formular unha nova proposta de renovación do “Estatuto Marco" que sexa froito do consenso real cos profesionais sanitarios e as Comunidades Autónomas, que conte coas memorias técnicas, xurídicas e económicas para fundamentar cada modificación do “Estatuto Marco" vixente e que veña acompañado dun financiamento realista e adecuado para asegurar unha aplicación efectiva e tanxible de todo o disposto na nova norma."
- 50898 (12/PNC-003968)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre as demandas de información que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co recente anuncio dunha prestación universal por crianza
BOPG n.º 341f2, do 26.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 2 votos en contra e 6 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que:
1.- Abandone a propaganda e a improvisación e aclare como pretende financiar esta prestación.
2.- Garanta que os fogares máis vulnerables e con rendas baixas sexan os verdadeiros beneficiarios desta prestación."