A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 18 de marzo de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 51265 (12/PNC-004013)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre a demanda dirixida ao Goberno co fin de que lles transmita aos concellos galegos a súa obrigación de dispoñeren de plans de actuación municipal fronte ao risco de incendios forestais
BOPG n.º 341f2, do 26.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a lembrarlle aos concellos galegos que, non marco das súas competencias, é obrigado que dispoñan de Plans de Actuación Municipal (PAM) fronte ao risco de incendios forestais como instrumento esencial de prevención, preparación e resposta non ámbito local.".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 15633 (12/PNC-001523)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Carrera, María Felisa e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central relativa á posibilidade de habilitar un rexistro centralizado no que obter o certificado de titularidade das contas, saldos e posicións bancarias das persoas falecidas
BOPG n.º 135, do 02.01.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reiterar na demanda ao Goberno de España para que estude a posibilidade de habilitar un rexistro centralizado onde poder obter o certificado de titularidade das contas, saldos e posicións bancarias dunha persoa falecida, coas cautelas que esixa a lexislación vixente, en especial en materia de protección de datos.".