saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 27 de marzo de 2026

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 27 de marzo de 2026, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 49745 (12/PNC-003872)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno de España respecto do Plan estatal de vivenda 2026-2030

BOPG n.º 337f1, do 20.02.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e trasladar as seguintes demandas:

 

1.- Aprobar e publicar, de maneira inmediata, o Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, evitando   máis   atrasos   que   poidan   comprometer   a   financiación   estatal   das políticas de vivenda desenvolvidas polas comunidades autónomas.

 

2.- Exixir que a aprobación do devandito Plan se realice previa negociación, diálogo real e cooperación institucional coas comunidades autónomas, recoñecendo o seu papel como administracións competentes no liderado da xestión e execución das políticas de vivenda.

 

3.- Solicitar   a   publicación   dun   calendario   claro,   concreto   e   vinculante   para   a aprobación, desenvolvemento e avaliación do Plan Estatal de Vivenda 2026- 2030, que permita ás comunidades autónomas planificar con seguridade as súas convocatorias e programas.

 

4.- Requirir que se establezan mecanismos estables de seguimento e coordinación, con   información   periódica   sobre   o   grao   de   execución   do   Plan   e   sobre   a distribución territorial dos fondos, garantindo a máxima transparencia. Asemade, o Parlamento de Galicia acorda como resolución amosar a súa preocupación polo impacto negativo que o atraso na aprobación do Plan Estatal de Vivenda pode ter sobre a cidadanía galega e sobre a eficacia das políticas públicas de vivenda en Galicia."

 

 

- 52038 (12/PNC-004106)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Varela Fernández, Katherinie e 9 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa mellora da estrada N-120

BOPG n.º 347f2, do 11.03.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que demande do Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible:

 

1.- A   rehabilitación   integral   do   firme   da   Nacional   120   desde   o   Barco   de Valdeorras   ata   Ourense   así   como   a   construción   dos   carrís   adicionais comprometidos entre Peares e Ourense.

 

2.- Reiterar a solicitude da execución das obras de mellora de seguridade vial anunciada polo Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible no BOE do 30 de abril do 2024."​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina