A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 27 de marzo de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 52516 (12/PNC-004147)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central respecto das dificultades para a tramitación en Galicia da solicitude única da PAC coas modificacións introducidas polo Real decreto 916/2025
BOPG n.º 347f2, do 11.03.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e trasladarlle as seguintes demandas:
1°.- Modificar o artigo 11 do Real Decreto 1048/2022, volvendo a incluír a posibilidade de anotar as parcelas no Rexistro de parcelas non declarables da PAC, exceptuando da obriga de aportar o NIF do titular no caso das parcelas de máis de unha hectárea.
2°.- Implementar estratexias contra a fraude que sexan realistas e efectivas como é a inscrición nun rexistro e non só a simple gravación dun NIF, que non aporta beneficios engadidos á xestión da PAC pero complica a súa xestión."
Aprobación con modificacións
- 53237 (12/PNC-004192)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre as accións que debe impulsar a Xunta de Galicia ante o impacto no sector primario galego do incremento dos custos enerxéticos derivado do conflito que se está a producir en Oriente Medio
BOPG n.º 350f1, do 18.03.2026
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 14 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1º- Dirixirse ao Goberno de España para que aprobe, con carácter urxente, un plan extraordinario de apoio ao sector primario que compense o impacto do incremento dos custos enerxéticos provocado polo conflito internacional en Oriente Medio.
Que dito plan inclúa, entre outras, as seguintes medidas:
a) Axudas directas extraordinarias para agricultores e gandeiros destinadas a compensar o incremento do gasóleo agrario.
b) Bonificacións ou reducións fiscais sobre o gasóleo agrícola, tendo en conta que a gran parte do seu custe son impostos.
c) Programas de apoio para compensar o incremento do custo dos fertilizantes e doutros custos agrarios.
d) Liñas de financiamento preferente e avais públicos para explotacións agrarias e gandeiras afectadas polo aumento de custos.
e) Medidas de carácter fiscal orientadas a reducir a presión económica derivada da crise enerxética, incluída a rebaixa ao 10% da IVE da enerxía e suprimir o imposto de xeración eléctrica.
f) Mecanismos de vixilancia e control para evitar posibles prácticas especulativas nos mercados de carburantes e custos agrícolas.
g) Reforzar a imaxe dos produtos alimentarios nos mercados, poñendo en valor a calidade, a seguridade e o alto valor dos nosos alimentos e gastronomía.”
h) Garantir a produción de alimentos de proximidade para non incrementar a nosa dependencia de terceiros países, mantendo o tecido agrario e a rendibilidade dos nosos produtores.
i)Revisar o Plan de seguros agrarios combinados para ampliar coberturas diante de problemas de mercados.
j)Renunciar a crear novos impostos e aplicar máis cargas adicionais a ningún dos axentes da cadea alimentaria.
k)Rebaixar o IVE dos produtos esenciais, incluídos carne, peixes e conservas e de todos os produtos lácteos e os seus derivados.
2º- Compensar ás comunidades autónomas, nomeadamente a Galicia, para que as medidas e reducións fiscais previstas o plan estatal ante o impacto da guerra e Oriente Próximo, non repercuta negativamente no financiamento e prestación ordinaria dos servizos públicos de competencia autonómica.
3º- Asemade, a Cámara galega insta á Xunta de Galicia a complementar, no ámbito das súas competencias, estas medidas mediante apoios específicos destinados a garantir a viabilidade das explotacións agrarias e gandeiras do sector primario galego."