saltar ao contido

Santalices destaca o papel fundamental dos economistas na orientación das decisións públicas e privadas

Santalices destaca o papel fundamental dos economistas na orientación das decisións públicas e privadas

 

 

  • O presidente do Parlamento refírese ao Consello Galego de Colexios de Economistas como unha institución clave no desenvolvemento económico de Galicia

 

 

Santiago, 31 de marzo de 2026.- O presidente da Cámara galega, Miguel Ángel Santalices Vieira, salientou esta tarde na toma de posesión da nova xunta directiva do Consello Galego de Economistas que “estes profesionais anticipan riscos, identifican oportunidades e orientan decisións públicas e privadas", co obxectivo de mellorar a eficiencia das organizacións e de garantir unha xestión responsable dos recursos.

 

Para o xefe do Lexislativo, no contexto actual marcado pola incerteza internacional e a transformación dixital, e polos desafíos que afectan ao pobo galego, como son o equilibrio territorial ou o relevo xeracional, o Consello Galego de Economistas representa “unha voz cualificada, unha referencia técnica e un aliado estratéxico" para o desenvolvemento económico de Galicia.

 

Na súa intervención, Santalices quixo tamén destacar que “o diálogo entre distintas institucións e profesionais resulta imprescindible", unha colaboración que converte a esta institución “nunha ponte entre o coñecemento técnico e a acción pública".

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina