saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria para o 21 de abril de 2026

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 21 de abril de 2026, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de abril de 2026, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
1.155166 (12/POPX-000077)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre o grao de proveito que Galicia está a tirar das súas potencialidades para fortalecer e mellorar a súa economía
  
1.255167 (12/POPX-000078)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a incidencia que están tendo as políticas do Goberno galego na mellora da vida das traballadoras e dos traballadores galegos
  
Punto 2.Texto Lexislativo
  
 Toma en consideración da Proposición de lei orgánica, para presentar perante o Congreso dos Deputados, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de transferencia de competencias en materia de aeroportos de interese xeral á Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 35692, 12/PPLC-000006)
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 267, do 10.10.2025

 

Punto 3.Comparecencia
  
 47101 (12/CPP-000083)
 Da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, por petición propia, para informar da planificación e dos avances na tramitación de expedientes na xestión e ordenación do litoral logo do primeiro ano desde o traspaso de funcións, servizos e medios sobre a costa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323f1, do 29.01.2026
  
Punto 4.Mocións
  
4.154056 (12/MOC-000113)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Golpe Acuña, José Manuel
 Sobre as políticas que desenvolve a Xunta de Galicia co obxectivo de que a transición enerxética se faga desde unha óptica social e inclusiva (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 45650, publicada no BOPG núm. 319f2, do 22 de xaneiro de 2026, e debatida na sesión plenaria do 24 de marzo de 2026.)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 357f1, do 01.04.2026
  
4.254100 (12/MOC-000114)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Bouza Manso, Aitor
 Sobre o estado das infraestruturas dos centros educativos públicos galegos (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 50801, publicada no BOPG núm. 341f1, do 26 de febreiro de 2026, e debatida na sesión plenaria do 24 de marzo de 2026)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 357f1, do 01.04.2026
  
4.354113 (12/MOC-000115)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes
 Sobre a postura do Goberno galego ante a demanda da actualización da Lei de normalización lingüística de 1983 (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 27455, publicada no BOPG núm. 214f2, do 25 de xuño de 2025, e debatida na sesión plenaria do 24 de marzo de 2026)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 357f1, do 01.04.2026
  
Punto 5.Proposicións non de lei
  
5.126009 (12/PNP-003357)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Sobre o dereito a unha educación inclusiva en Galicia
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 334f2, do 13.02.2026 e nº 335f3 do 16.02.2026

Publicación do acordo, BOPG n.º 337f2, do 20.02.2026

  
5.237610 (12/PNP-002754)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Martínez, Roberto e 13 máis
 Sobre a proposta de resolución que se presenta co fin de ratificar o apoio íntegro á Proposición de lei orgánica de transferencia a Galicia da titularidade e competencias da AP-9 e a demanda ao Goberno galego de medidas para facer respectar este acordo
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 276, do 29.10.2025
  
5.352645 (12/PNP-003493)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Méndez López, Lara e 3 máis
 Sobre as medidas que debe tomar a Xunta de Galicia co obxecto de mellorar a aplicación e eficiencia do canon da auga e do canon de xestión das depuradoras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 347f1, do 11.03.2026
  
5.453840 (12/PNP-003585)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Viso Diéguez, Miguel Ángel e 13 máis
 Sobre as accións que debe levar a cabo o Goberno galego co obxectivo de seguir impulsando o apoio aos profesionais da produción de leite na nosa comunidade
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 353f1, do 25.03.2026
  
5.553914 (12/PNP-003592)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa Olalla e 2 máis
 Sobre diversas actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos recursos de atención psicolóxica a vítimas de violencia machista
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 357f1, do 01.04.2026
  
5.654152 (12/PNP-003620)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia
 Sobre determinadas medidas que a Xunta de Galicia debe impulsar para consolidar un sistema de atención á saúde mental adecuado ás necesidades da poboación galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 360f1, do 10.04.2026
  
Punto 6.Interpelacións
  
6.131823 (12/INT-001156)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara
 Sobre a planificación e a execución orzamentaria do Goberno galego en materia de prevención dos incendios forestais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 244, do 28.08.2025
  
6.253123 (12/INT-001844)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Valcárcel Armesto, Montserrat e 2 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia no que concirne á prevención, restauración e defensa do monte galego fronte aos grandes incendios forestais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 350f2, do 18.03.2026
  
6.354232 (12/INT-001913)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 4 máis
 Sobre a recuperación dos bancos marisqueiros afectados polos temporais de inicio do ano 2026
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 360f2, do 10.04.2026
  
Punto 7.

Preguntas ao Goberno

 

7.154053 (12/POP-007549)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Insua Lema, Óscar e Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
 Sobre a postura do Goberno galego ante as resolucións da Sección 3ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nas que acorda suspender a tramitación de proxectos eólicos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 357f2, do 01.04.2026

 

7.2

 

53927 (12/POP-007527)

 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Chao Rivas, Saleta e Fernández Davila, María Cristina
 Sobre as previsións do Goberno galego no que concirne á reforma integral das instalacións do CEIP O Coto, de Negreira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 357f2, do 01.04.2026
  
7.354214 (12/PUP-000206)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego da redución da achega do Goberno central ao sistema de atención á dependencia de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 357f2, do 01.04.2026
  
7.443788 (12/POP-006015)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Iglesias Rey, Patricia e 2 máis
 Sobre a situación da mobilidade das empregadas e dos empregados públicos nas escalas dos servizos sociais da Xunta de Galicia nos últimos trece anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 311f2, do 12.01.2026
  
7.548633 (12/POP-006843)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Pérez, Moisés e 8 máis
 Sobre as características do II Pacto de vivenda de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f3, do 11.02.2026
  
7.653280 (12/POP-007414)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Ojea Bouzo, Armando
 Sobre as previsións do Goberno galego no que concirne aos prazos para o inicio da planificación dun novo hospital integral en Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 350f2, do 18.03.2026
  
7.755111 (12/PUP-000208)
 Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as razóns do Goberno galego para querer alterar o procedemento de valoración das incapacidades laborais
  
7.855159 (12/PUP-000209)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as modificacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia nos horarios de atención dos puntos de atención continuada

 

7.944662 (12/POP-006291)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis
 Sobre as liñas de traballo do Goberno galego orientadas a desenvolver e promocionar o sector do libro galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f2, do 22.01.2026

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

 

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina