saltar ao contido

A ONCE dedicará o cupón do 19 de decembro ao 30 aniversario do Parlamento de Galicia

A ONCE dedicará o cupón do 19 de decembro ao 30 aniversario do Parlamento de Galicia
 
• O delegado Territorial da ONCE en Galicia e maila presidenta do Consello Territorial de ONCE-Galicia presentaron o cupón esta mañá á presidenta do Parlamento
 
• Pilar Rojo agradece a decisión da ONCE, que permite “dar o salto” na promoción do trixésimo aniversario da Cámara ao escenario nacional

Santiago, 9 de decembro de 2011.- A ONCE dedicará o seu cupón do vindeiro 19 de decembro á conmemoración do 30 aniversario do Parlamento de Galicia, contribuíndo deste xeito a promocionar a celebración máis aló do ámbito xeográfico da  Comunidade Autónoma.
 
O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e malia presidenta do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Dolores Venancio, presentáronlle o cupón esta mañá á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo.
 
A titular do Lexislativo galego agredeceu o xesto da ONCE, que porá á venda cinco millóns de cupóns coa imaxe do Parlamento de Galicia, o que permitirá “dar o salto a nivel nacional” na promoción do trixésimo aniversario da institución.
 
O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, afirmou que desde esta entidade se senten “honrados e orgullosos” de participar na conmemoración do 30 aniversario do Parlamento de Galicia.
 

Outras actividades
O cupón que a ONCE comercializará coincidindo coa data na que se cumpren 30 anos da primeira sesión constitutiva do Parlamento de Galicia súmase as diferentes accións conmemorativas organizadas pola Cámara para chamar a atención e poñer en valor o papel do poder lexislativo galego.
 
A iniciativas, xa celebradas, como a homexaxe aos exdeputados ou a edición dun libro que recompila a historia destes trinta anos sumaranse nos próximos días actividades como o descobrimento, a próxima semana, dunha placa conmemorativa no Pazo de Xelmírez (primeira sede provisional) ou a celebración dun pleno solemne, o vindeiro día 19.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina