saltar ao contido

O Parlamento de Galicia e o Consello de Europa coordinarán un proxecto para fortalecer a “Europa das Rexións”

• O proxecto foi abordado esta tarde nunha reunión da Comisión Permanente de COPREPA
 
• Na reunión se preparou tamén a orde do día do Plenario da COPREPA que se celebrará en Santiago de Compostela os primeiros días de marzo
 
Madrid, 23 de xaneiro de 2012.- O Parlamento de Galicia, en representación da Conferencia de Asambleas Lexislativas Rexionais de Europa (CALRE) e o Congreso de Autoridades Locais e Rexionais do Consello de Europa, porán en marcha, ao longo deste ano, un proxecto denominado “Irmanamento cunha rexión”.
 
A implantación desta iniciativa foi un dos asuntos abordados na reunión da Comisión Permanente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA) celebrada esta tarde nas dependencias da Casa de Galicia en Madrid baixo a presidencia da titular do Parlamento de Galicia e presidenta de COPREPA, Pilar Rojo Noguera.
Con esta iniciativa buscarase reforzar a denominada “Europa das Rexións”, tanto dentro como fora da UE, promovendo o intercambio de experiencias entre os diferentes modelos institucionais, e de maneira particular entre as rexións que contan con Asambleas lexislativas e as que non dispoñen deste tipo de institucións. O obxectivo consiste en difundir os valores do parlamentarismo e a descentralización.
 
Un modelo institucional que funciona
En opinión de Pilar Rojo, a experiencia acumulada en España ao longo de 30 anos de parlamentarismo autonómico, e tamén a de outras rexións europeas que contan con asambleas lexislativas propias, “demostra  que o noso modelo institucional foi capaz de responder con eficacia ás diferentes necesidades que se foron plantexando, grazas, en parte, o seu carácter flexible”.
 
Na reunión da Comisión Permanente de COPREPA participaron tambén os presidentes dos parlamentos autonómicos de Extremadura e actual presidente de CALRE, Fernando Manzano; de Canarias, Antonio Castro, e de  Navarra, Alberto Catalán.
 
Entre outros asuntos, na reunión desta tarde abordouse tamén un borrador da orde do día para a celebración do Plenario de COPREPA que se celebrará en Santiago de Compostela os días 5 y 6 de marzo deste ano.
 
Os parlamentos autonómicos estudian tamén a posibilidade de mellorar as aplicacións informáticas comúns.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina