saltar ao contido

Miguel Santalices toma posesión como vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia

 
• Ao inicio do Pleno de hoxe, tamén tomaron posesión dos seus escanos as deputadas Marisol Díaz Mouteira (PP) e Carme Da Silva Méndez (BNG)
 
Santiago, 14 de febreiro de 2012.- O deputado do Grupo Popular Miguel Santalices tomou posesión esta mañá como vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, cargo no que substitúe a Xosé Manuel Baltar.
Santalices Vieira é licenciado en medicina e cirurxía pola USC. Conta con ampla experiencia no sector sanitario, no que ocupou cargos de responsabilidade, como director de ambulatorios da área de Vigo, director xerente do Complexo Hospitalario de Vigo, Ourense e o Psiquiátrico de Toén.
 
É deputado autonómico desde a V lexislatura. Foi portavoz portavoz de Sanidade e presidente da Comisión 5.ª. Ademais foi vicepresidente do Parlamento de Galicia.
Tamén ao inicio do Pleno de hoxe tomaron posesión dos seus cargos as deputadas Marisol Díaz Mouteira (PP) que substitúe a Xosé Manuel Baltar; e Carme Da Silva Méndez (BNG), en substitución de Tareixa Táboas.
 
Marisol Díaz Mouteira
Naceu en Alemania en 1967. Está  casada e ten un fillo. Licenciada en Dereito pola UNED, especialista en Mediación Familiar e Dereito Civil de Galicia. Funcionaria do Corpo Superior da Xunta de Galicia. Foi delegada provincial en Ourense da Consellería de Xustiza da Xunta entre os anos 2003 e 2005. Foi xefa territorial de Educación en Ourense dende xullo do 2009 ata xaneiro do 2012. Deputada da VIII Lexislatura desde o 14 de febreiro de 2012.
Membro do Comité Executivo do PP de Ourense e da Xunta Directiva Provincial.
Deputada pola circunscrición electoral de Ourense.
 
Carme Da Silva Méndez
Naceu en Pontevedra en 1966. Licenciada en Químicas. Afiliada no BNG dende 1990. Concelleira en Pontevedra desde o ano 1995 formando parte do equipo de goberno dende o ano 1999. Ademais da responsabilidade de Área de Medio Ambiente foi encargada de accesibilidade e eliminación de barreiras, control e seguimento de proxectos urbanísticos.
É vicerresponsable local do BNG e membro do Consello Comarcal do BNG en Pontevedra.
Dende o 2005 ao 2009 foi  deputada na Cámara Galega, onde exerceu a portavocía de Ordenación Territorial, Vivenda  e Urbanismo.
Na actualidade é concelleira da área de Protección Cidadá, Servizos  e Festas no Concello de Pontevedra.
Deputada da VIII Lexislatura desde o 14 de febreiro de 2012.
Deputada pola circunscrición electoral de Pontevedra.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina