saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 15 de febreiro de 2012

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 15 de febreiro de 2012
  
4.1  08/PNP-1308 (68613)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro e Barros Sánchez, Natalia
Sobre a terceira ronda da Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 534, do 08.09.2011
  
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- A impulsar as obras dos treitos autonómicos da Terceira Ronda no transcurso da presente lexislatura.
 
2.- A dirixirse ao Ministerio de Fomento co fin de que se comprometa a por en servizo o treito comprendido entre as "Lonzas-Zapateira" da Terceira Ronda no mesmo período que a Xunta de Galicia".
 
DEBATE ACUMULADO DAS PROPOSICIÓNS NON DE LEI 4.2 E 4.4

4.2  08/PNP-1487 (74411)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aymerich Cano, Carlos Ignacio
Sobre a adopción de medidas de protección dos clientes das entidades financeiras que investiron os seus aforros en instrumentos financeiros opacos sen seren informados dos riscos do produto e sen que se cumprisen as obrigas establecidas na normativa MIFID, nomeadamente para a recuperación do seu investimento polos que adquiriron participacións preferentes de Caixa Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 596, do 09.12.2011
 
4.4  08/PNP-1536 (75805)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos e Caride Estévez, María José
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a recuperación do seu investimento polos clientes que compraron participacións preferentes ou produtos similares das caixas de aforro galegas de boa fe e sen coñecemento claro das condicións contractuais
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 623, do 20.01.2012
 
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Instar ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores para que promova e no seu caso preste as autorizacións necesarias a Novagalicia Banco e ao resto das entidades financeiras, para dar solución á recuperación do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes en Galicia que desexen recuperar os cartos investidos neste produto.
 
2.- Instar ás entidades financeiras que operan en Galicia e que emitiron participacións preferentes para instalas a promover unha solución aos subscritores de participacións preferentes que desexen recuperar os cartos investidos neste produto, permitindo aos afectados a recuperación íntegra do investimento realizado.
 
3.- Apoiar e informar aos posibles afectados pola comercialización das participacións preferentes sobre as vías de reclamación das que dispoñan a través das oficinas do Instituto Galego de Consumo.
 
4.- O Instituto Galego de Consumo remitirá semestralmente á Comisión 3ª do Parlamento un balance do número de afectados e das reclamacións presentadas nas súas oficinas.
 
5.-   Demandar das autoridades competentes o cumprimento estrito da normativa MIFID na comercialización no tramo minorista de produtos financeiros".
  
4.3  08/PNP-1534 (75785)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Feijóo, Alberto e 11 deputados máis
Sobre a proposta polo Goberno galego de denominación do novo hospital que se está a construír en Vigo como Hospital Metropolitano de Vigo Álvaro Cunqueiro
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 623, do 20.01.2012
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a propoñer que o novo hospital que se está a construir en Vigo leve o nome de Hospital Metropolitano de Vigo Álvaro Cunqueiro”.
 
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina