saltar ao contido

Carta geométrica de Galicia

A figura deste ilustre científico pode e debe ser tomada como símbolo auroral de Galicia e desta colección do Parlamento, sendo a Carta de Galicia a presenza histórica más antiga entre as penduradas das paredes e despachos. A obra de Fontán non é un cadro, certamente, ou unha escultura, mais é moito máis ca iso.


La figura de este ilustre científico puede y debe ser tomada como símbolo auroral de galicia en esta colección del Parlamento, siendo la Carta de Galicia la presencia histórica más antigua entre las colgadas en las paredes y despachos. La obra de Fontán no es un cuadro, ciertamente, o una escultura, pero es mucho más que eso.

Autor Domingo Fontán Dominguez
Data/Fecha 1845
Medidas 212x229 cm
Técnica|Material Gravado, papel continuo, tea / Grabado, papel continuo, tela
Tipo Gravado/Grabado
* Colección Parlamento de Galicia

A figura deste ilustre científico pode e debe ser tomada como símbolo auroral de Galicia e desta colección do Parlamento, sendo a Carta de Galicia a presenza histórica máis antiga entre as penduradas das paredes[1] e despachos. A obra de Fontán non é un cadro, certamente, ou unha escultura, mais é moito máis ca iso.

O pontevedrés Domingo Fontán Domínguez, nado en 1788 no lugar de Porta do Conde, parroquia de Santa María de Portas, concello de Portas, é o autor da Carta Geométrica, que está «dividida en sus Provincias de Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra y subdividida en Partidos y Ayuntamientos», como se titula na parte superior dereita das súas doce follas. Con escala 1:100.000, aparecen no mapa polo miúdo unhas 10.000 aldeas, miles de igrexas e capelas, e as pontes, de pedra ou madeira, cos seus nomes. Foi Fontán unha verdadeira esponxa que absorbeu, ademais dos aspectos físicos máis relevantes e significados da terra galega, o idioma e a toponimia, e con iso púxolle face ao territorio galego. A súa precisión é tal que apenas puido ser superada até o século XX, no Mapa Topográfico Nacional 1:50.000, finalizado en 1955, e a cartografía por satélite.

Durante dezasete anos fixo viaxes polo territorio a cabalo e en burro, cos seus instrumentos de medición. A revolucionaria empresa, realizada con método científico, anticipouse á implantación no Reino do sistema métrico decimal, e levouna a cabo coa técnica da triangulación xeométrica, dende os anos 1817 a 1834, en plena transición dos réximes políticos do Absolutismo e o Liberalismo. Dúas pequenas chiscadelas fano entrañable: no lugar de Melias (Sta. Mª) de Ourense engade «Patria del Ilmo. Feijó», e en Porta do Conde pon entre parénteses «Patria del autor». A magna obra foi finalmente gravada en 1845 por Louis Bouffard, e levada ás pranchas, a fin de imprimilo, por M. Lémercier et Cie. en París. Unha obra magna que iniciou a partir das ensinanzas de José Rodríguez González, profesor seu na Universidade de Santiago.

Faleceu, en 1866, nas Caldas de Cuntis, até onde se desprazara doente para tomar as augas buscando remedio dos seus males. Foi enterrado en Santiago, onde vivía, mais nun segundo momento os seus restos foron trasladados solemnemente o 30 do mes do Nadal de 1988 ao Panteón de Galegos Ilustres sito na igrexa compostelá de San Domingos de Bonaval.


[1] Os libros que garda e conserva a institución parlamentaria nas dependencias da súa biblioteca histórica son máis antigos no tempo, ben valiosos e significados, mais a divulgación desta riqueza non é deste lugar, que se centra desta volta na pinacoteca e esculturas asociadas.

La figura de este ilustre científico puede y debe ser tomada como símbolo auroral de galicia en esta colección del Parlamento, siendo la Carta de Galicia la presencia histórica más antigua entre las colgadas en las paredes [1] y despachos. La obra de Fontán no es un cuadro, ciertamente, o una escultura, pero es mucho más que eso.

El pontevedrés Domingo Fontán Domínguez, nacido en 1788 en Porta do Conde, parroquia de Santa María de Portas, ayuntamiento de Portas, es el autor de la Carta Geométrica, que está «dividida en sus Provincias de Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra y subdividida en Partidos y Ayuntamientos», como se titula en la parte superior derecha de sus doce hojas. Con escala 1:100.000, aparecen detalladas en el mapa unas 10.000 aldeas, miles de iglesias y capilas, y los puentes, de piedra o madera, con sus nombres. Fontán fue una verdadera esponja que absorbió, además de los aspectos físicos más relevantes y significativos de la tierra gallega, el idioma y la toponimia y con eso le puso cara al territorio gallego. Su precisión es tal, que apenas pudo ser superada hasta el siglo XX, en el Mapa Topográfico Nacional 1:50.000, finalizado en 1955, y la cartografía por satélite.

Durante diecisiete años hizo viajes por el territorio a caballo y burro, con sus onstrumentos de medición. la revolucionaria empresa, realizada con método científico, se anticipó a la implatación en el Reino del sistema métrico decimal, y la llevó a cabo con la técnica de la triangulación geométrica, desde los años 1817 a 1834, en plena transición de los regímenes políticos del Absolutismo y el Liberalismo. Dos pequeños guiños lo hacen entrañable: en vez de Melias (Sta. Mª) de Ourense añade «Patria del Ilmo. Feijó», y en Porta do Conde pone entre paréntesis «Patria del autor». La magna obra fue finalmente grabada en 1845 por Louis Bouffard, y llevada a las planchas, a fin de imprimirlo, por M. Lémercier et Cie. en París. Una obra magna que inició a partir de las enseñanzas de José Rodríguez González, su profesor en la Universidad de Santiago.

Falleció, en 1866, en las Caldas de Cuntis, hasta donde se desplazara enfermo para tomar las aguas buscando remedio a sus males. Fue enterrado en Santiago, donde vivía, pero en un segundo momento sus restos fueron trasladados solemnemente el día 30 del mes de Navidad de 1988 al Panteón de Gallegos Ilustres situado en la iglesia compostelana de San Domingos de Bonaval.


[1] Los libros que guarda y conserva la institución parlamentaria en las dependencias de su biblioteca histórica son más antiguos en el tiempo, bien valiosos y significados, pero la divulgación de esta riqueza no es de este lugar, que se centra en la pinacoteca y esculturas asociadas.

saltar ao pe de páxina