Autor | Michéle Barbé |
---|---|
Data/Fecha | 1992 |
Medidas | 108X200 cm |
Técnica|Material | Acrílico, lenzo/lienzo |
Tipo | Pintura |
* Colección Parlamento de Galicia |
Abstracta na súa concepción máis figurativa é a obra de Michèle Barbé,Flux-Inflùx 74, un acrílico sobre lenzo datado en 1992, que remite a unha rede de bandas, que cruzan dun lado a outro da obra pola súa parte máis ancha e da que o espectador o ignora todo, máis alá do feito de estaren entendidas e entre elas, emerxendo outras que se entrecruzan formando ángulos agudos; aquelas son Flux, pois flúen, estas Inflùx, influíndo nelas e en toda a composición... Son ademais dúas as súas gamas cromáticas, frías unhas, cálidas outras, dominando a composición as dúas bandas de cor marela que se cruzan. Elas atan, e son forma, e orde, neste espazo de caos.
Abstracta en su concepción más figurativa es la obra de Michèle Barbé, Flux- Inflùx 74, un acrílico sobre lienzo datado en 1992, que remite a una red de bandas, que cruzan de parte a parte de la obra por su parte más ancha y de la que el espectador lo ignora todo, más allá del hecho de estar entendidas y entre ellas, emergiendo otras que se entrecruzan formando ángulos agudos; aquellas son Flux, pues fluyen, estas Inflùx, influyendo en ellas y en toda la composición... Son además dos sus gamas cromáticas, frías unas, cálidas otras, dominando la composición las dos bandas de color amarillo que se cruzan. Ellas atan, y son forma, y orden, en este espacio de caos.