saltar ao contido

O Parlamento de Galicia

Autor Jorge Serafín Peteiro Vázquez
Data/Fecha 2003
Medidas 200x270 cm
Técnica|Material Óleo, lenzo/lienzo
Tipo Pintura
* Colección Parlamento de Galicia

De Jorge Serafín Peteiro Vázquez (A Coruña, 1959-Oleiros, A Coruña, 2013) posúe esta institución unha obra que podemos cualificar de representación dela, co título de Parlamento de Galicia. O encargo, un óleo sobre lenzo de grandes dimensións, firmado e datado 'Peteiro 2.003'. Cun desenvolvemento de vidreira, reproduce a fachada do edificio, aberto e sen valados, entre árbores. Nela non falta o escudo de Buciños cos tenantes na cima do eixo da porta e escalinata dianteira. O ceo azul está percorrido por estrelas, cometas e estrelas. Este campo heráldico é invadido por un Santiago dacabalo co escudo de Galicia na bandeira. Con el hai aínda outras tres figuras do santo nesta banda externa, un escribindo, outro cunha filactería e un cuarto co bordón de peregrino. Nos extremos dunha imaxinaria cruz coloca os escudos das catro provincias, coas vieiras, o intersignum xacobeo, e a vermella Cruz de Santiago, a prestixiosa Orde Militar medieval á que pertenceron sinalados membros do estamento nobiliario. Velaquí unha composición afortunada, que repetiu para cidades ou edificios, caso de Betanzos, A Coruña, Lugo, Valença do Minho (Portugal), a catedral de Santiago ou a igrexa de Mera, A Coruña, entre outros. Malia que o levou unha enfermidade aínda novo, o artista era moi coñecido polos seus murais públicos na Coruña. Formado na Escuela Superior de Bellas Artes de San Carlos, Valencia, foi profesor de Debuxo en diversos institutos. As súas cores, ledas e que transmiten optimismo, foron cualificadas de hipnóticas, e teñen un gran impacto visual.

De Jorge Serafín Peteiro Vázquez (A Coruña, 1959-Oleiros, A Coruña, 2013) posee esta institución una obra que podemos calificar de representativa con el título de Parlamento de Galicia. El encargo, un óleo sobre lienzo de grandes dimensiones, firmado y datado 'Peteiro 2.003'. Con un desarrollo de vidriera, reproduce la fachada del edificio, abierto y sin vallas, entre árboles. En ella no falta el escudo de Buciños con los tenantes en la cima del eje de la puerta y escalinata delantera. El cielo azul está recorrido por cometas y estrellas. Este campo heráldico es invadido por un Santiago a caballo con el escudo de Galicia en la bandera. Con él hay aún otras tres figuras del santo en esta banda externa, una escribiendo, otra con una filactería y una cuarta con el bordón de peregrino. En los extremos de una imaginaria cruz coloca los escudos de las cuatro provincias, con las vieiras, el intersignum xacobeo, y la roja Cruz de Santiago, la prestigiosa Orden Militar medieval a la que pertenecieron señalados miembros del estamento nobiliario. He aquí una composición afortunada, que repitió para ciudades o edificios, caso de Betanzos, A Coruña, Lugo, Valença del Minho (Portugal), la catedral de Santiago o la iglesia de Neblina, A Coruña, entre otros. A pesar de que lo llevó una enfermedad aún nuevo, el artista era muy conocido por sus murales públicos en A Coruña. Formado en la Escuela Superior de Bellas Artes de San Carlos, Valencia, fue profesor de Dibujo en diversos institutos. Sus colores alegres, que transmiten optimismo, fueron calificados de hipnóticos y tienen un gran impacto visual.

saltar ao pe de páxina