Nacemento: Vento (Lalín) - 1968
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Email:
gp-pp@parlamentodegalicia.es
Biografía:
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario. Doutor en Xeografía e máster en Desenvolvemento Local.
Foi profesor na Universidade de León e profesor titular do Departamento de Xeografía da USC.
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia desde abril do 2024. Anteriormente, desde o ano 2020, foi conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Desde febreiro de 2015 ata setembro de 2018 foi conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e posteriormente conselleiro de Cultura e Turismo.
No 2009 obtivo a acta como deputado autonómico e foi designado posteriormente vicevoceiro do Grupo Popular e voceiro nas áreas de Educación, Urbanismo e Ordenación do Territorio. En 1999 foi elixido concelleiro polo PP en Lalín, con responsabilidades en Cultura, Medio Ambiente, Urbanismo, Desenvolvemento Local e Portavocía.
É autor dunha ducia de libros e coautor de case vinte publicacións da súa especialidade, e, ademais, participou en corenta libros colectivos. Dirixiu másteres e cursos de posgrao vinculados coa temática de ordenación territorial en varias universidades. Foi galardoado co Premio da Crítica de Galicia (2000) no campo da investigación.