Nacemento: A Coruña - 1971
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Email:
gp-pp@parlamentodegalicia.es
Biografía:
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña, na especialidade de Economía Financeira. Conta cun posgrao en Auditoría de Contas e un máster en Administración Financeira e Tributaria pola mesma universidade.
Conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia desde 2021. Foi subdirector xeral de Control Financeiro Permanente na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e subdirector xeral de Control Orzamentario de Gasto na Dirección Xeral de Orzamentos.
En 2009 foi nomeado director xeral de Planificación e Orzamentos, cargo que exerceu ata o seu nomeamento como conselleiro. Desde 2001 pertence á escala superior de finanzas da Xunta de Galicia, na especialidade de intervención-auditoría e na de inspección e xestión financeira e tributaria.