saltar ao contido

Charlas-coloquio

Dende o ano 2011 o Parlamento de Galicia conta co programa Charlas-coloquio sobre o Parlamento de Galicia, unha actividade organizada en colaboración coa Asociación de Ex-Parlamentarios/as que se celebra nos centros educativos que o soliciten e que ten por obxectivo espallar os valores da democracia entre a xente moza.

A actividade está orientada a estudantes de ensino público, privado e concertado, podendo solicitalo os colexios, institutos, facultades e centros universitarios que o desexen.

A persoas encargadas de explicar polo miúdo o traballo que se desenvolve no Parlamento son exdeputados e exdeputadas que no seu día pertenceron a grupos parlamentarios de distinto signo político. O alumnado participa na fase do coloquio con preguntas, cuestións e reflexións que considere de interese relativas á institución representativa do Pobo galego.

Desenvolvemento da Charla-coloquio

  • Os/as exdeputados/as serán citados polo Parlamento no lugar, data e hora que indique o centro educativo no formulario de solicitude. Normalmente a cada centro asisten tres exdeputados/as.
  • A charla-coloquio será moderada por un membro do equipo directivo do centro ou o/a profesor /a responsable da actividade, quen informará do tempo disponible e velará polo bo desenvolvemento da mesma. En primeiro lugar, presentaralle ao alumnado os/as exdeputados/as asistentes.
  • A continuación visualizarase un vídeo do Parlamento que se recomenda descargar con antelación na seguinte ligazón.
  • Seguidamente por parte de cada exdeputado/a ofrécese unha exposición relativa ao Parlamento, por espazo de 5 minutos cada un/ha.
  • De seguido o alumnado efectúa as preguntas que considere conveniente, ás que irán dando resposta os/as ex deputados/as.
  • Para rematar, a persoa moderadora pronunciará unhas palabras de peche do acto. A duración total da charla-coloquio axustarase sempre ás indicacións de quen modere, servindo de referencia de 50 a 60 minutos.
  • As charlas-coloquio deben ter lugar no salón ou na aula que indique o centro e que sexa adecuada a este tipo de actividade e ao número de asistentes.

Prazo de solicitude curso 22/23: ata o 30 de setembro de 2022

Solicitude de Charla-coloquio

DATOS DO CENTRO DE ENSINO
DATOS DO ALUMNADO QUE ASISTIRÁ Á CHARLA COLOQUIO
Tipo de ensino e curso/s:
Escolle o tipo de ensino e curso/s do alumnado
DATOS DOS/AS PROFESORES/AS RESPONSABLES DO GRUPO
DÚAS DATAS DE PREFERENCIA PARA CELEBRAR A CHARLA-COLOQUIO NO CENTRO EDUCATIVO
OBSERVACIÓNS

* Aviso: Tras premer no botón Enviar se lle vai a enviar un correo electrónico cun enlace. Ata que non prema no enlace non se da por completada e rexistrada a solicitude.

saltar ao pe de páxina