saltar ao contido

Contratación administrativa

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 17 de agosto de 2020, polo que se designan os membros da Mesa de Contratación da Administración do Parlamento de Galicia.

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 21 de maio de 2018, polo que non se constitúe Mesa de contratación nos procedementos abertos simplificados con tramitación abreviada regulados na lexislación de contratación do sector público.

Relación de contratos vixentes ( galego | castelán )

Datos estatísticos sobre a porcentaxe sobre o volume orzamentario dos contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos ( galego | castelán )

Período medio de pago a provedores ( galego | castelán)

Información referente á protección de datos na contratación pública

O Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais do Parlamento de Galicia (TARCPG) é o órgano competente para o coñecemento e resolución dos recursos especiais e das cuestións de nulidade contractual.

Tamén pode acceder a Facturación electrónica.

Na nosa sede electrónica dispón de información dos procedementos dispoñibles.

Plataforma de Licitación Electrónica

A tramitación electrónica dos procedementos de contratación realizarase a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SiLEX).

Pode acceder á plataforma seguindo esta ligazón: Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SiLEX).

A guía para licitar pode atopala na sección de Axuda do portal de SiLEX.

A normativa para o uso desta plataforma está publicada no BOPG número 170 do 2 de outubro de 2013. Pode consultar a normativa sobre o uso desta aplicación nos seguintes ligazóns: Normativa da Plataforma de Licitación Electrónica ( galego | castelán ).

Pode acceder ao perfil de contratación do Parlamento de Galicia neste enderezo: Plataforma de Contratos Públicos de Galicia

Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais

O Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais (TARC) do Parlamento de Galicia é o órgano especializado en materia de revisión do procedemento de contratación, que actúa con plena independencia funcional e que ten por obxecto resolver os recursos especiais en materia de contratación que as persoas lexitimadas poidan interpoñer, previos ao recurso contencioso-administrativo.

O Tribunal foi creado polo Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 30 de maio de 2017, que establece a súa natureza, competencias e requisitos para a designación da persoa titular, sometendo a súa actuación ao disposto na Lei de Contratos do Sector Público, conforme á disposición adicional cuadraxésima cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

O Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais do Parlamento de Galicia é un órgano unipersoal, designado pola Mesa do Parlamento segundo o Acordo do 5 de xuño de 2017.

Neste espazo atópase a información sobre este tribunal, as súas resolucións e as ferramentas para presentar recursos ante el.

saltar ao pe de páxina