saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Feijóo presenta un plan de apoio ao sector da automoción que incentive a producción, a fabricación e a compra de vehículos

AUTOMOCION 15/01/2009

• A proposta de Feijóo será presentada no Congreso dos Deputados polo equipo económico do PP
• Feijóo avoga por actuar nunha dobre dirección: axudando ao sector e aos cidadáns

Vigo, 14 de xaneiro de 2009.- O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, en Vigo, acompañado pola Presidente local do PP de Vigo, Corina Porro e, o secretario executivo de Economía do PP, Cristóbal Montoro, que o PP presentará no Congreso, unha proposición de Lei cun plan de apoio ao sector da automoción que incentive a producción, a fabricación e a compra de vehículos.
Entre as medidas presentadas e que foron comunicadas na tarde de hoxe ao sector dos concesionarios, destacan cinco:
- suspensión durante dous anos do imposto de circulación de todo tipo de vehículos
- do terceiro ao quinto ano presentación dun plan Prever para todo tipo de vehículo con antigüedade superior a dez anos –Calquera vehiculo con antigüedade superior a 10 anos obterá 1.000 euros para vehículos novos, 500 euros para vehículos de segunda man e 1000 euros para vehículos industriais
- aprazamento do pago durante dous anos das cotizacións sociais dos traballadores dos concesionarios de automoviles e empresas fabricantes e auxiliares do sector da automoción
- creación dunha liña ICO para que as empresas podan renovar o seu parque de vehúculos industriales
- recuperación da deducción por I+D do imposto de sociedades eliminadas polo goberno actual.
ACTUACIÓN NO SECTOR E NOS CIDADÁNS
Para o presidente do PPdeG, as diferentes noticias sobre CITROËN, unha das principais empresas galegas, demostran a inestabilidade pola que está a pasar o sector e a necesidade de que se actúe. ‘O sector da automoción –lembrou- está en crise e, neste momento, temos máis de 50.000 empregos afectados en empresas fabricantes de vehículos, distribuidoras e industria auxiliar de Galicia’.
Neste sentido, Feijóo subliñou que o problema que ten o sector é que os cidadáns non poden mercar coches; ‘é un problema –dixo- do sector e é un problema dos cidadáns porque teñen reducido o seu poder adquisitivo drasticamente’.
Diante desta situación, avogou por actuar nunha dobre dirección: axudando ao sector, ‘apostar por el coma un sector estratéxico da nosa economía’; e axudando aos cidadáns, ‘para que poidan chegar a asumir gastos que agora non se atreven a levar a cabo’.
saltar ao pe de páxina