Celanova
11,00 h.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participa na recepción ofrecida polo Concello de Celanova con motivo do acto de entrega do XXXIV Premio “Celanova, casa dos Poetas”, outorgado nesta edición ao Parlamento de Galicia. Na Casa do Concello.
11,30 h.- Ofrenda Floral diante do monumento de Celso Emilio Ferreiro.
12,00 h.- Acto de entrega do XXXIV Premio "Celanova, casa dos Poetas” ao Parlamento de Galicia. O premio será recollido polo presidente do Parlamento de Galicia, que pechará o acto, no que tamén intervirán os portavoces dos catro grupos parlamentarios representados na Cámara. O acto celébrase no Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.