12:00 - Salón dos Reis, Parlamento de Galicia
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, preside o acto de presentación do libro Polos camiños das horas. Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo, no que tamén interveñen o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, o presidente da Real Academia Galega e María Victoria Carballo-Calero Ramos, filla do homenaxeado.
O acto celebrarase no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia aplicando as medidas e recomendacións das autoridades sanitarias. Emitirase en directo a través da web do Parlamento de Galicia.
13:00 - Despacho