10:30 -
Ourense
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participa na presentación do libro “Balnearios en los Caminos de Santiago de Galicia”, editado pola Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia. A presentación forma parte das actividades programadas en Termatalia 2022, Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, que se celebra no recinto feiral Expourense.
12:00 -
Parlamento de Galicia
O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as organizan unha charla-coloquio na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
Neste acto participarán os exdeputados Carlos Aymerich Cano, Juan Fernando Salgado García e Ramón Santos Pérez.
As charlas-coloquio son sesións divulgativas que teñen como obxectivo que o alumnado poida coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia.
Os exparlamentarios explican as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestan ás preguntas do público asistente. A charla compleméntase cunha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.
17:00 -
Lugo
A vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia, Elena Candia, asiste á celebración da apertura do curso 2022-2023 no Colexio Diocesano San Lorenzo-Seminario Menor de Lugo. Misa na capela maior e acto académico no patio.
20:00 -
Ourense
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, ofrece unha charla no Club Leones Ourense Calpurnia titulada “O Parlamento de Galicia e o seu compromiso social”. Será presentado pola neurocirurxana Ana Pastor. No Liceo de Ourense.