06/09/2025
Santalices salienta a necesidade de protexer e visibilizar o campamento romano Aquis Querquennis
Santiago, 6 de setembro de 2025.- O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, salientou hoxe a necesidade de conservar e visibilizar o achado arqueolóxico do campamento romano Aquis Querquennis de Bande, do que este ano se celebra o seu 50º aniversario.
Na súa intervención, referíuse ó destacado papel do antropólogo Florentino López Alonso-Cuevillas, o primeiro en comenzar a excavación nese enclave é ao arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero, que deu os primeiros e determinantes pasos para darlle o valor que se merecía a este gran descubrimento arqueolóxico.
O campamento romano asentado á beira do Limia, declarado BIC cultura desde 2018, era unha fortificación cunha extensión de 25.000 metros cadrados e rodeada por unha muralla sólida de catro portas e outras tantas torres defensivas. Foi un recinto practicamente inexpugnable con capacidade para albergar un 600 lexionarios romanos.
Saúdos, Gabinete de Comunicación