saltar ao contido

Santalices celebra o recoñecemento a Gestal Otero por ser un referente no eido da saúde en Galicia

22/11/2025

Santalices celebra o recoñecemento a Gestal Otero por ser un referente no eido da saúde en Galicia

 

 

  • Asistíu ao acto no que a Asociación de Balnearios de Galicia lle outorgou a súa Medalla pola súa contribución á  promoción do termalismo

 

 

Santiago, 22 de novembro de 2025.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asistiu hoxe ao acto   conmemorativo do 40º aniversario da Asociación de Balnearios de Galicia, onde se lle fixo entrega ao doutor Juan Jesús Gestal Otero da Medalla que lle concedeu esta entidade pola súa contribución á promoción do termalismo galego.

 

O presidente da Cámara galega tivo palabras de agradecemento e recoñecemento para o homenaxeado, nas que destacou o seu traballo de docente e a súa actividade investigadora e divulgativa. Lembrou na súa intervención que foi un pioneiro na defensa e promoción das capacidades terapéuticas das as augas mineromedicinais e na importancia da divulgación sobre saúde pública.

 

Santalices cualificou ao homenaxeado como un referente obrigado na sanidade galega, e gabou a súa influencia nos milleiros de alumnos que asistiron ás súas clases na Facultade de Medician ademais da súa capacidade de traballo e vocación inesgotables.

 

Para rematar, agradeceulle ao homenaxeado a súa colaboración ao deseño e implantación do Plan de Continxencia da Cámara fronte á Covid-19, así como os bos consellos que lle dou á hora de orientar a súa carreira profesional.

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina