30/12/2025
Santalices convida ao Papa León XIV a peregrinar a Galicia no Ano Santo Xacobeo 2027
Santiago, 30 de decembro de 2025.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta mañá na Ofrenda da Translación do Apóstolo Santiago na que convidou ao Papa León XIV a visitar a Catedral coincidindo coa celebración do vindeiro Ano Santo Xacobeo 2027.
Por outra banda, xefe do Lexislativo lembrou que a tradición xacobea que caa ano confirman milleiros de peregrinos na sede apostólica “proxecta ao resto do mundo a vixencia e a utilidade do seu legado".
Durante a súa intervención, o xefe do Lexislativo autonómico, avogou pola cooperación e o diálogo entre os estados membros da Unión Europea para resolver os actuais conflictos bélicos e tamén para combater a polarización e radicalización “que queren contaminar ao conxunto da sociedade internacional".
Santalices destacou como un “absoluto éxito" a etapa da Transición española, que ven de cumprir 50 anos, e dos pasos posteriores que asentaron a democracia en Galicia e en España, así como a súa integración en Europa, “acontecementos −dixo−, que que cristalizaron despois na Constitución e no noso Estatuto".
Nesta liña, o presidente da Cámara autonómica tamén defendeu que “ningunha ditadura vai ser nunca mellor que unha democracia, por moi imperfecta que esta sexa", apostando por un futuro con valores democráticos no que siga existindo o entendemento, consenso, diálogo e a convivencia democrática".
Desafíos
O xefe do Lexislativo recomendou, ante a sobreinformación e sobreexposición que afecta á poboación máis nova, “escoitalos e acompañalos sempre para que poidan fuxir dos adoutrinamentos e das opinións polarizadas", ademais de fomentar o seu pensamento crítico para que alcancen a súa autonomía persoal.
Expresou ademais a súa preocupación polo acceso á vivienda da “nosa xuventude e de toda a sociedade en xeral", unha cuestión complexa que require de solucións e aportacións urxentes para que así “os máis novos e máis vulnerables, poidan superar as barreiras que lles impiden forxar a base dos seus proxectos de vida".
Advertiu Santalices no seu discurso sobre as desigualdades entre territorios pola falta de mellores comunicacións, polo que “os nosos pobos quedan illados". Pediu asegurar a cohesión territorial, as oportunidades, “e mesmo unha vida digna, para aquelas persoas que inxustamente se ven afectadas pola reducción de servizos como o ferrocarril".
Por outra banda, agradeceu o labor dos profesionais e de toda a cidadanía que loitaron este verán na vaga de lumes, unha situación extraordinaria que nos obriga a “aparcar a contenda política", dixo, e a que haxa “unha coordinación das administracións públicas para a extinción e protección dos núcleos de poboación". Neste sentido, demandou unha base permanente da Unidade Militar de Emerxencias (UME) no Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén cara a mellorar as labores de prevención de extinción.
Nas súas peticións ante o Apóstolo como delegado rexio na festividade da Translación, o presidente do Parlamento defendeu a loita contra “as lacras do acoso e a violencia machistas", e pregou que nunca queden silenciadas nin conten coa complicidade de ninguén.
Solicitou de novo a paz, “e que acale o horror dos conflictos bélicos e calquera tipo de violencia que ameace a convivencia familiar", así como a intercesión do Apóstolo, para que os nosos gobernantes e todos os responsables públicos fagan prevalecer a paz e os dereitos humáns que a todos nos unen.
O presidente do Parlamento rematou a súa intervención solicitando a intercesión do Apóstolo polo Papa e polo Rei e a súa familia, para que o Ano Santo Xacobeo 2027 “nos conduza a unha celebración proveitosa na que conflúan todas as inquedanzas −relixiosas e laicas− que a todos nos enriquecen".
Saúdos, Gabinete de Comunicación