saltar ao contido

O embaixador de Cuba en España visita o Parlamento de Galicia

Cuba e Galicia 27/02/2020

Santiago, 27 de febreiro de 2020.- O embaixador de Cuba en España,  Gustavo Machín Gómez, visitou esta tarde o  Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Durante o encontro, Santalices recordou os intensos vínculos de Galicia con Cuba, que conta aínda hoxe cunha notable presenza galega, ao  tempo que se interesou pola situación da colonia galega asentada na illa.
 
O embaixador acudiu acompañado pola cónsul xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria, Yahima Martínez Millán, e pola conselleira económica e comercial da embaixada, Janet Fernández Padilla. Tamén asistiu ao encontro o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Aller.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina