Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021.- Como cada segundo martes de febreiro, hoxe celébrase o Día Internacional pola Internet segura. Coincidindo con esta celebración, o presidente do Parlamento de Galicia reuniuse co persoal do Servizo de Tecnoloxías da Información para agradecer o seu traballo, e moi especialmente o esforzo da última semana, que permitiu que os sistemas da Cámara funcionasen e funcionen con normalidade, malia os envíos masivos de correos electrónicos e mensaxes a “Lexisla con Nós” orientados a tratar de influír na tramitación da proposición de lei de modificación da Lei de saúde.