saltar ao contido

O Parlamento comeza a desenvolver a Lei do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres nunha reunión co conselleiro de Cultura, a alcaldesa e o arcebispo de Santiago

18/12/2023

 

  • O presidente do Parlamento, o conselleiro, a alcaldesa e o arcebispo inician os trámites encamiñados á constitución da Fundación que xestionará o Panteón así como a cesión dos espazos necesarios

 

 

Santiago, 18 de decembro de 2023.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reuniuse esta tarde co conselleiro de Cultura da Xunta, Román Rodríguez,  coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e co arcebispo de Santiago, Franscisco José Prieto, para dar comezo aos trámites previstos na Lei 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, aprobada por unanimidade co respaldo de diferentes institucións e entidades.

 

Na xuntanza, celebrada a petición do presidente da Cámara, acordouse iniciar os trámites encamiñados constituír e rexistrar a Fundación Panteón de Galegas e Galegos, así como os referidos a que tanto a Arquidiocese como o Concello de Santiago cedan á futura Fundación o uso, respectivamente, da Igrexa de San Domingos de Bonaval e da parte do terreo público municipal imprescindible, dada a súa vinculación física con el.

 

Santalices Vieira agradeceu a predisposición amosada polo conselleiro, a alcaldesa e o arcebispo para completar estes trámites.

 

Para acceder ao contido da Lei 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, prema no seguinte enlace:

https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei5_2023.pdf

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina