saltar ao contido

O Parlamento de Galicia acolle mañá a entrega de premios do Concurso Escolar 2011-2012

• Esta é a segunda edición desta iniciativa, que trata de achegar a institución aos máis pequenos
 
• 606 alumnos pertencentes a 49 centros educativos participaron nas modalidades de debuxo/pintura, redacción e expresión libre

Santiago, 5 de xuño de 2012.- O Salón dos Reis do Parlamento de Galicia acollerá mañá, dende as 11 horas, a entrega de premios aos gañadores e finalistas da segunda edición do Concurso Escolar: “O parlamento de Galicia: a túa casa. A casa de todos os galegos e as galegas”.
 
A titular da Cámara galega, Pilar Rojo, presidirá o acto, que contará tamén coa asistencia de membros da Mesa do Parlamento e os integrantes do Xurado.
 
Os traballos premiados, que están accesibles na páxina web do Parlamento de Galicia, pertencen ás categorías de debuxo/pintura, redacción e expresión libre e foron realizados por estudantes de educación infantil, primaria, secundaria e educación especial.
 
Os gañadores na modalidade de debuxo/pintura están escolarizados no CEE PRÍNCIPE FELIPE, de Pontevedra. Estudantes do IES ANXEL FOLE, de Lugo, fixérono nas categorías de redacción e de expresión libre.
 
Os alumnos finalistas cursan estudos no CPR A MERCED, de Sarria (Lugo); no IES EDUARDO BLANCO AMOR, de Culleredo (A Coruña) e no IES ILLA DE TAMBO, de Marín (Pontevedra)

Gañadores e finalistas
 
• Concurso de debuxo/pintura:
 
Alumnos/as do grupo gañador: Javier García Montojo, María Pereira Carpintero e Fátima Blanco Sarandeses(doc.núm. 80142.1)
-Clase: 4º B de 1º ciclo de educación especial
-Profesora que supervisou o traballo: Dª Susana Grandal Vizoso
-Centro educativo: CEE PRÍNCIPE FELIPE (Pontevedra)
 
Alumnos/as do grupo finalista: Iago Arias Felices, Xulia Díaz Barreal e María López Sánchez (doc.núm.80766) (alumnos/as de 2º de educación primaria do CPR A MERCED de Sarria.Lugo)
 
• Concurso de redacción:
 
Alumnos do grupo gañador: Gabriel Balea Martínez, Omar Campos Cascudo, Manuel Doel Carreira e Alejandro Martínez Ferreiro (doc. núm. 80932.6)
- Clase: 2º C de ESO
- Profesor que supervisou o traballo do: D. Xosé Graña Núñez
- Centro educativo:  IES ANXEL FOLE (Lugo)
 
Alumnos/as do grupo finalista: Celia Acción de la Iglesia, Pablo Francos Sánchez e Facundo Teijeira Silva (doc.núm. 80848.3)( alumnos/as de 2º G de ESO do IES EDUARDO BLANCO AMOR de Culleredo. A Coruña)
 
•Concurso de expresión libre:
 
Alumnas do grupo gañador:  Beatríz Calistre Fernández, Nerea Sangiao Espiño, Iria Mª Souto Grande, Rut Pena Iglesias e Mar Carmen Quintana Senín (doc. núm. 80932.4)
- Clase: 3º C  de ESO
- Profesor que supervisou o traballo: D.Vicente Gutiérrez Pascual
- Centro educativo: IES ÁNXEL FOLE (Lugo)
 
Alumnos do grupo finalista: Guillermo Rodríguez García e José Santiago Estévez (doc. núm. 80855.1 letra)(alumnos/as de 4º A de ESO do IES ILLA DE TAMBO Marín. Pontevedra)
 
Premios
Cada un dos alumnos gañadores do concurso de debuxo e pintura recibirá unha consola, un xogo sobre a arte de pintar e un lote de libros. Os gañadores dos concursos de redacción e de expresión libre serán premiados cun ordenador portátil e un lote de libros.
 
A clase de cada grupo gañador será premiada cunha excursión de carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia na data que decida o centro. Cada un dos profesores coordinadores dos traballos gañadores terán como premio unha táboa dixital.
 
Ademais, os centros educativos dos equipos gañadores recibirán 2.000 euros para destinar á organización de actividades extraescolares ou actividades da biblioteca escolar.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina