saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos celebrada o 23 de abril de 2026

A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 23 de abril de 2026, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 18167 (12/PNC-001686)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

García Comesaña, Julio e 7 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central relativas ao traballo que ha de desenvolver en relación cos déficits infraestruturais en Galicia en materia de telecomunicacións e de conectividade

BOPG n.º 147f2, do 29.01.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a :

1.- Solicitar ao Goberno de España o desenvolvemento dun mapa completo de conectividade real en Galicia; incluídas as principais infraestruturas de comunicación terrestres (autopistas, autovías e liñas ferroviarias), en colaboración coa Amtega nos ámbitos que sexan da súa competencia.

2.- Instar ao Goberno de España para que, no marco das súas competencias no ámbito de telecomunicacións, aborde e resolva as deficiencias que se constaten para garantir una conectividade real."

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina