saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 4ª, Educación e Cultura celebrada o 16 de abril de 2026

 

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 16 de abril de 2026, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 48427 (12/PNC-003770)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que proceda á inmediata apertura do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

BOPG n.º 328f3, do 05.02.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central que proceda a inmediata apertura do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, cumprindo cos compromisos adquiridos polo mesmo."

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 53792 (12/PNC-004253)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Queixas Zas, Mercedes e Castro García, Daniel

Sobre a demanda á Xunta de Galicia da creación do "Centro Nacional de Fotografía" para garantir a conservación do fondo documental histórico de fotografías que aínda se conserva en mans privadas ou de entidades locais

BOPG n.º 357f1, do 01.04.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento insta a Xunta a crear o primeiro Centro Galego de Fotografía, ao longo da presente lexislatura, para recompilar e coordinar a xestión dos legados fotográficos históricos, co obxectivo de dotar o noso país dun arquivo dixital e bibliográfico que permita recuperar, conservar, estudar e difundir a fotografía histórica de Galiza, dinamizar a produción fotográfica galega contemporánea e potenciar a realización de estudos e investigación sobre esta expresión artística"

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 39442 (12/PNC-003468)

Grupo Parlamentario Socialista de Galicia

Bouza Manso, Aitor e Longueira Castro, Silvia

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxectivo de que constrúa e poña en marcha no IES Concepción Arenal, de Ferrol, unha pista deportiva cuberta

BOPG n.º 295f1, do 03.12.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Executar de maneira inmediata a construción da pista deportiva cuberta comprometida no IES Concepción Arenal de Ferrol, garantindo a súa posta en marcha con carácter urxente.

2. Habilitar solucións provisionais inmediatas, garantindo espazos cubertos para impartir Educación Física mentres non se execute a infraestrutura definitiva.

3. Informar formal e puntualmente á comunidade educativa do IES Concepción Arenal sobre o estado real do proxecto, incluíndo fases administrativas, previsión orzamentaria e cronograma de execución."

 

 

- 51338 (12/PNC-004025)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego do reforzo das medidas contra o abandono escolar temperán e para reducir a fenda de xénero neste ámbito

BOPG n.º 344f2, do 04.03.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Reforzar e ampliar as actuacións dirixidas á redución do abandono educativo temperán,

consolidando as políticas que veñen demostrando un impacto positivo na evolución desta taxa en Galicia, co obxectivo de manter a Comunidade por debaixo da media estatal.

2. Desenvolver medidas específicas para abordar a brecha de xénero no abandono educativo temperán a través de actuacións adaptadas ás súas realidades educativas, sociais e laborais no marco do Plan FPGAL360"

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina