• Unha unidade móbil do Centro de Transfusión desprazouse esta mañá ao Parlamento de Galicia
Santiago, 8 de abril de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, animou hoxe ao conxunto da sociedade a doar sangue, “un acto de solidariedade moi importante”, cuios efectos “a todos nos toca, nos tocou ou nos tocará nalgún momento”.
Pilar Rojo visitou a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia que hoxe se desprazou ao Parlamento de Galicia no marco dunha campaña de concienciación sobre a importancia da doazón de sangue. “O Parlamento é a primeira institución de Galicia e ten que dar exemplo tamén nesta materia”, afirmou Pilar Rojo, que estivo acompañada pola directora do Centro de Transfusión de Galicia, María Inmaculada Rodríguez.
A presidenta do Parlamento chamou a atención sobre a importancia de manter os niveis de doazón neste momento, preto da Semana Santa. “Oxalá que non sexa así, pero a necesidade de sangue pode incrementarse”, sinalou.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia