saltar ao contido

A presidenta do Parlamento participou no Día de Galicia na Expo Milán 2015

Santiago, 14 de setembro de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, participou esta mañá nos actos organizados co gallo da celebración do Día de Galicia na Exposición Internacional de Milán, Expo Milán 2015.
 
A titular do Lexislativo galego acompañou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na visita ao Pavillón de España en Expo Milán 2015, no que se celebrou o acto institucional co que deron inicio as diferentes actividades de promoción previstas para esta semana.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina