saltar ao contido

Alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Buenos Aires visita o Parlamento de Galicia no marco dunha viaxe de estudos

Santiago, 21 de setembro de 2015.- Alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Buenos Aires visitou hoxe o Parlamento de Galicia no marco dunha viaxe de estudos que están a afectuar á Comunidade durante a segunda quincena de setembro.
 
Durante a visita ao Parlamento, foron recibidos pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo, que lles explicou o funcionamento do Lexislativo autonómico, ao tempo que os animou en afondar no coñecemento das institucións que sustentan o autogoberno da Comunidade Autónoma.
 
Os participantes nesta iniciativa tamén efectuaron unha visita guiada ao Pazo do Hórreo, onde tiveron ocasión de coñecer as diferentes dependencias do Parlamento de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina