saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 20 de xuño de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 20 de xuño de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de xuño de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto lexislativo
 
 Debate de toma en consideración da Proposición de lei para presentar perante o Congreso dos Deputados, do G.P. dos Socialistas de Galicia, de modificación da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (doc. núm. 7873, 10/PPLC-000004)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
 
Punto 2. Comparecencia
 
 9122 (10/CPP-000023)
 Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por petición propia, para facer balance da actividade educativa en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 18.05.2017
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 10181 (10/MOC-000035)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as actuacións que se deben levar a cabo en relación coa proposta que vai presentar a Xunta de Galicia ante o proceso de elaboración dun novo sistema de financiamento autonómico. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 1950, publicada no BOPG nº 28, do 14.12.2016, e debatida na sesión plenaria do 06.06.2017)
 
3.2 10325 (10/MOC-000036)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas emisións industriais contaminantes (Moción a consecuencia da Interpelación nº 9280, publicada no BOPG nº 117, do 24.05.2017, e debatida na sesión plenaria do 06.06.2017)
 
3.3 10338 (10/MOC-000037)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co relevo xeracional nos negocios dos autónomos (Moción a consecuencia da Interpelación nº 7014, publicada no BOPG nº 92, do 29.03.2017, e debatida na sesión plenaria do 06.06.20177)

Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 5495 (10/PNP-000463)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para cubrir a demanda existente de prazas públicas en escolas infantís
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
4.2 8160 (10/PNP-000756)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Santos Queiruga, Carmen
 Sobre a demanda por parte do Goberno galego ao Ministerio de Xustiza do aumento da planta do Ministerio Fiscal en Galicia e a súa dotación cun maior número de recursos, así como á Fiscalía Xeral do Estado da creación dunha fiscalía anticorrupción exclusiva para Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 03.05.2017
 
4.3 8813 (10/PNP-000837)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre a elaboración polo Goberno galego dun estudo da viabilidade do rescate da autoestrada AP-9 para a súa xestión pública
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 18.05.2017
 
4.4 9300 (10/PNP-000868)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para mellorar o sistema público de pensións
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 117, do 24.05.2017
 
4.5 9533 (10/PNP-000891)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 15 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a mellora do marco normativo que regula o delito de usurpación de inmobles e a solicitude á Delegación do Goberno e á Fiscalía do asinamento entrementres dun acordo bilateral ao respecto, así como a actuación que debe levar a cabo naqueles casos en que os ocupantes sexan familias en risco de exclusión social
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 120, do 31.05.2017
 
4.6 9566 (10/PNP-000894)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego dunha estratexia global a favor do transporte ferroviario de mercadorías e as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
4.7 9836 (10/PNP-000917)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias para evitar a substitución dos helicópteros "Sikorsky S-76 C+", coñecidos como "Pesca I" e "Pesca II", polos "Dauphin 365" que pertencían á Xunta de Galicia no ano 2005
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
4.8 9862 (10/PNP-000920)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 6 máis
 Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a conexión de Galicia, as comunidades do norte de España e a rexión norte de Portugal ao corredor atlántico na revisión do Regulamento do mecanismo “Conectar Europa” que se vai realizar no ano 2018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 7198 (10/INT-000298)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co financiamento do Fondo de Compensación Interterritorial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
 
5.2 9360 (10/INT-000398)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa atención hospitalaria durante os meses de verán
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 120, do 31.05.2017
 
5.3 9766 (10/INT-000416)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Lago Peñas, José Manuel e Sánchez García, Antón
 Sobre a política do Goberno galego en materia de emprego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 10360 (10/POPX-000040)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a asunción de responsabilidades polo esnaquizamento do sistema financeiro galego
 
6.2 10367 (10/POPX-000041)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a política do Goberno galego de atención aos maiores
 
6.3 10388 (10/POPX-000042)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a actitude do Goberno galego respecto da protección dos pequenos aforradores
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
 
7.1 10376 (10/PUP-000093)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 7 máis
 Sobre a avaliación do Goberno galego da recente viaxe a China do presidente da Xunta de Galicia
 
7.2 10386 (10/PUP-000094)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre a ausencia de representantes da Xunta de Galicia no congreso organizado polo Eixo Atlántico en Braga os pasados días 8 e 9 de xuño
 
7.3 4312 (10/POP-000542)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da modificación da súa política fiscal en relación coa produción de enerxía eléctrica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 63, do 09.02.2017
 
7.4 8877 (10/POP-001147)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e 4 máis
 Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego en relación co estado de contaminación que presenta o río Pesqueiras, ao seu paso polo concello do Saviñao, como consecuencia das verteduras dunha central láctea nas súas augas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 18.05.2017
 
7.5 8754 (10/POP-001135)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva e Cal Ogando, Marcos
 Sobre as medidas desenvolvidas polo Goberno galego en relación coa problemática referida á cementeira de Narón e o cumprimento da legalidade vixente
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 18.05.2017
 
7.6 10359 (10/PUP-000090)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a valoración pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da participación e resultados das probas de avaliación individualizada do terceiro curso de educación primaria
 
7.7 10373 (10/PUP-000091)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre a reconstrución do estaleiro de ribeira de Casqueiro, situado na parroquia de San Martiño, no concello de Moaña, para adicalo a museo como estaba previsto
 
7.8 7951 (10/POP-001033)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
 Sobre o novo equipamento tecnolóxico para diagnóstico e procedementos terapéuticos instalado nos centros hospitalarios do Sergas a través do socio tecnolóxico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106, do 27.04.2017
 
7.9 5431 (10/POP-000704)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
 Sobre a relación e o contido dos proxectos máis importantes do Centro Tecnolóxico do Mar nos últimos anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
7.10 8823 (10/POP-001142)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 4 máis
 Sobre a data prevista polo Goberno galego para a execución das actuacións necesarias para rexenerar e mellorar a produtividade marisqueira da zona dos Lombos do Ulla, na ría de Arousa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 18.05.2017
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina